Coa intención de continuar movéndonos e de mellorar, trasladamos a nosa web a:
https://moveteae.wordpress.com/ , co cal está deixará de actualizarse.
Desculpade as molestias!
mércores, 22 de febreiro de 2017
venres, 30 de decembro de 2016
Resposta de Móvete ós comentarios do alcalde sobre a nosa primeira valoración dos orzamentos
A función da oposición é fiscalizar a xestión do goberno. Eso non é nin vella, nin nova política. Desde Móvete consideramos que este é o noso labor, e seguiremos a facelo.
No primeiro informe de Móvete sobre o balance da execución dos orzamentos do concello, puxemos o acento no gasto desmesurado en comidas, na celebración do partido de fútbol da selección española e no excesivo custe de algunhas obras e servizos. Nas vindeiras semanas seguiremos analizando polo miúdo outras partidas orzamentarias e faremos propostas para que nos orzamentos do 2017 se recorte neste tipo de gastos e se incrementen outras partidas que consideramos prioritarias.
Os datos dos gastos que fixemos públicos son os que Móvete entende que se poden reducir e incluir noutras partidas que consideramos prioritarias, como son servizos sociais e políticas que incentiven a creación de emprego. Sen dúbida, hai moitos outros gastos que Móvete suprimiría e adicaría a outras partidas. A xestión do actual Goberno responde a unhas siglas a nivel nacional que representan políticas de dereitas, e nós defendemos que a xestión pública debe estar orientada á cidadanía, a incrementar o benestar social.
Na rolda de prensa na que fixemos público o despilfarro na xestión e as promesas incumplidas, tan só indicamos a nosa opinión respecto a estes gastos que consideramos superfluos, e en ningún momento entramos a calificar de xeito despectivo ao PP. A única intención de Móvete con esta información é aportar transparencia sobre como se distribúe o orzamento municipal. Cabe lembrar que, en primavera, a corporación municipal acordou, a instacia de Móvete, a creación dun Portal da Transparencia, aínda pendente de execución.
En vista do comentado polo Alcalde a respecto dos datos aportados por Móvete, queremos recalcar unha cuestión de sentido común: o sector da sidra, a Rapa das Bestas, xs gandeirxs, xs maiores, a promoción cultural do Concello non se apoia con comidas. Foméntase, coidase, revitalízase con políticas adecuadas que van máis alá. A Estrada necesita políticas sociais, económicas e culturais, e non tapar o oco cun banquete ao ano por sector.
Por último, queremos puntualizar unha serie de datos que exemplifican de xeito obxetivo o gasto desmesurado do Goberno e que o Alcalde tratou de maquillar:
1. A comida oficial do salmón custou 3.203€ (en principio estaba prevista para 50 persoas, pero se finalmente foron 30 peor no lo
pon porque igualmente se pagou esa cantidade, que supón case 107€ por comensal). A maiores, houbo outra comida con motivo da festa do salmón que custou 1.500€, supostamente para promocionar o salmón, pero non sabemos entre quen.
Que haxa facturas de comidas pagadas con cartos públicos por importe de: 3.310,56 €; 1.850,00 € e así ata pasar dos 25.000€, parécenos un gasto desmesurado. O alcalde xustifica que a factura de 1.600€ responde ao aloxamento dos sidreiros que participaron na Festa da Sidra. Entón, como se xustifica a outra factura que leva como concepto “aloxamento” cun importe de 1.095,30€?
2. Xustificar o gasto de 8.500€ nun partido da selección española é unha irresponsabilidade cxs veciñxs en xeral e co deporte local en particular.
3. Non recoñecer o pago fraccionado a favor da empresa Wecom por un total de 15.000€ é negarse a cumplir a legalidade.
4. Das promesas incumplidas, dos spots promocionais en Nos Tv e en Libertad Dixital, dos 11.000€ gastados só na decoración e organización da festa do salmón e dos 173.000€ gastados no vestuario do Callobre, parece que prefire non decir nada.
Como dixen. estes datos aportados por Móvete son exemplificativos da xestión do goberno.
O propósito de Móvete para o vindeiro ano é, como tamen o foi no 2016, estar ao lado do grupo de Goberno para traballar de xeito conxunto e con responsabilidade na implementación de políticas que redunden na mellora de calidade de vida: políticas de creación de emprego, incremento atención social, desenvolmento sostible. Pero para iso, o goberno ten que empezar por cumplir a normativa e evitar despilfarros dos cartos públicos.
luns, 24 de outubro de 2016
MÓVETE APOIA A PROPOPISICIÓN DE LEI PARA A APLICACIÓN DE MEDIDAS URXENTES EN MATERIA DE RÉXIME LOCAL PRESENTADA NO CONGRESO DOS DEPUTADOS.
Esta
proposición de Lei, presentada polo Grupo Confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, pretende derrogar a Lei Montoro (Lei 27/2013, de Racionalización e
Sustentabilidade da Administración Local), recuperar a
autonomía municipal e rematar coas privatizacións forzosas. Entendemos que
é unha norma que frea a autonomía dos concellos, que impide contratar persoal
para prestar servizos, pero permite gastar millóns de euros en privatizacións
innecesarias.
A proposta vai máis alá da derrogación
da Lei Montoro, e senta as bases para
abrir un proceso participativo onde os concellos e a sociedade traballen xuntos
por unha nova municipalidade: con novas competencias, cun novo
financiamento e con garantías para salvagardar os dereitos da cidadanía.
Móvete, xunto a iniciativas municipalistas de todo
o Estado, presta o seu apoio a esta iniciativa para construír unha
administración local máis próxima á xente. Trátase de poñer de manifesto as barreiras que ten a
administración para prestarlle servizos á cidadanía. Non se poden contratar
persoas para servizos sociais, pero si externalizar a xestión por miles de
euros.
O texto que será presentado no pleno da Estrada indica que “as administracións locais foron as grandes
prexudicadas polas políticas de austeridade levadas a cabo nos últimos anos”.
E lembra que máis de 3.000 concellos de todo o estado, que representan a 16
millóns de persoas, expresaron xa o seu rexeitamento a esta normativa que,
entre outros problemas, provocou recortes
nos servizos sociais que os municipios lle prestaban á súa veciñanza.
Nesta moción tamén se insta ao Goberno da Xunta de Galicia a
desenvolver unha Lei de Facendas Locais
que permita garantir a autonomía financeira dos concellos. Na mesma liña,
solicítase que se mellore a
participación das institucións municipais nos ingresos autonómicos e a
redefinición dos mecanismos de equilibrio territorial.
Para o
grupo municipal de Móvete é necesario priorizar o criterio de Administración
máis próxima á cidadanía, como garantía de universalidade, mellor cobertura
territorial, calidade e control democrático na prestación dos servizos
públicos, avanzar na formulación dun novo sistema de financiamento local que
inclúa a redistribución dos fondos actualmente asignados ás Deputacións
Provinciais, así como unha Lei de Facendas Locais de Galicia, que amplíe a
participación dos Concellos nos Ingresos da Comunidade Autónoma e que redefina
os actuáis mecanismos de reequilibrio territorial.
En definitiva, con esta Proposición preténdense implementar medidas urxentes
que permitan aos Concellos, ata que haxa unha nova Lei de Bases de Réxime
Local, prestar os servizos esenciais
necesarios para o funcionamento dos nosos concellos. Enténdese que o ámbito
local constitúe un espazo fundamental para a defensa e a loita polos dereitos
sociais como o dereito á sanidade, á educación o á vivenda e que, polo tanto, é necesario sentar as bases do novo
municipalismo do século XXI, que teña como bases a elaboración dunha nova
Lei de Bases de Réxime Local, para clarificar e aumentar as competencias dos
entes locais; garantir un novo sistema
de financiamento local que asegure dereitos e a prestación de servizos
esenciais; e garantir a transparencia e a participación directa e vinculante da
cidadanía.
xoves, 13 de outubro de 2016
Móvete pide que se cumpla o estipulado nas bases DUSI e que se facilite a implicación real da oposición, dos colectivos sociais e da cidadanía para elaborar os programas concretos e as liñas de actuación que redunden no beneficio de todxs xs estradenses sen excepción.
O principal órgano de decisión a
“Comisión Estratéxica EDUSI” é o
máximo órgano político de toma de decisións, e estará conformada por tódolos grupos políticos e presidida polo Alcalde,
tal e como se especifíca na memoria “Estratéxia
de Desarrollo Urbano Sostenible e Integral (DUSI) A Estrada 2014-2020”. De
tal xeito que, Móvete reclama unha
implicación real da oposición á hora de elaborar os diferentes programas de
actuación e non simplemente, para dar o “visto bo a cada proxecto do Concello”.
Móvete destaca que o propio
espíritu do programa das axudas europeas básase en fomentar a transparencia na
xestión e a participación dos diferentes actores políticos, colectivos sociais
e a cidadanía en xeral na elección das medidas a desenvolver.
Consideramos importante traballar
de forma conxunta en liñas de actuación
que vaian encamiñadas a atallar os principais problemas que ten o noso
Concello. As principais medidas que se deberían ter en conta son as que teñen
unha incidencia directa na mellora da calidade de vida das persoas: Crear
postos de traballo, fixar poboación, e incrementar o benestar social deben ser
obxetivos nos que traballar de forma conxunta.
Para Móvete é importante
aproveitar esta oportunidade para facer unha aposta firme e decidida polos
sectores produtivos locais, por crear no rural un tecido produtivo sostible que
proporcione emprego de calidade como mellor garante dun concello próspero e
sostible, xa sexa por medio de talleres de formación e orientación para a
poboación, ou por outros medios. É importante tamén satisfacer a crecente demanda de
servizos sociais orientados á terceira idade. Consideramos tamén importante avanzar na necesidade
de minimizar o impacto
medioambiental, reducir
as necesidades enerxéticas e incentivar o uso das enerxías renovables.
En definitiva, pedimos que se cumpla o estipulado nas bases DUSI e que se facilite a implicación real da
oposición, dos colectivos sociais e da cidadanía para elaborar os programas
concretos e as liñas de actuación que redunden no beneficio de todxs xs
estradenses sen excepción.
A Estrada, 12 de outubro
de 2016
luns, 10 de outubro de 2016
Moción para declarar ao Concello da Estrada espazo libre de discriminación contra o pobo palestino, e adhesión á Campaña BDS (Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel).
En Xullo de 2005 unha ampla
coalición de colectivos palestinos lanzou a campaña BDS Global contra Israel
apelando ás “persoas con consciencia en todo o mundo para impor amplos Boicotes
e implementar iniciativas de Desinvestimento e Sancións contra Israel” como
medida de presión para acabar con a cada vez mais sangrenta limpeza étnica do
pobo palestino.
Sindicatos, universidades, colectivos sociais, asociacións de
consumidores, movimentos pacifistas, concellos, artistas, estudantes,
profesionais dos mais diferentes ámbitos e de todos os continentes uníronse nun
movemento cidadán e pacífico que crece e multiplica os seus resultados dia da
dia. Un movemento global que se converteu no eixo reivindicativo da
solidariedade con Palestina. Un movemento global de que Galiza non pode estar
ausente.
Por todo isto, o Grupo Municipal de Móvete solicita a adhesión do
Concello da Estrada á campaña BDS, cuxos obxetivos son:
-A finalización da ocupación e
colonización de todas as terras palestinas e o desmantelamento do Muro;
-O recoñecemento dos dereitos
fundamentais dos cidadáns árabe-palestinos de Israel para unha igualdade
completa;
-O recoñecemento do dereito dos
palestinos refuxiados a retornar ás súas casas e propiedades como o estipulou a
resolución 194.
Solicitamos que, con esta finalidade, o Concello da Estrada se
comprometa a:
1. Absterse de colaborar co
Estado israelí, as súas institucións públicas ou os seus representantes
oficiais no Estado español, en calquera proxecto de desenvolvemento agrario,
educativo, comercial, cultural ou de seguridade.
2. Absterse de contratar servizos
ou comprar produtos a empresas israelís ou empresas cómplices de violacións do
dereito internacional en Palestina.
3. Difundir a campaña BDS entre a
cidadanía e apoiala nos seus distintos ámbitos (económico, cultural, deportivo,
académico e institucional).
A Estrada, 10 de outubro
de 2016
Móvete califica ao Alcade de incompetente por non ser capaz de garantir o servizo dun ben de primeira necesidade, como é o normal funcionamento da rede de abastecemento da auga no casco urbano.
Hai un ano e pico Móvete presentaba unha moción onde instaba ao Goberno
Municipal a realizar, de xeito prioritario, as melloras na rede de
abastecemento da auga.
Aludíamos naquela ocasión ás continuas
averías na rede de abastecemento de auga, que habitualmente deixan aos veciños
da vila durante varias horas sen auga, dun xeito repentino, impedindo realizar
todo tipo de tarefas habituais e imprescindibles para as persoas, ademáis dos
danos que ocasiona nos negocios que ven limitada a súa actividade rutinaria”
.
Pois
ben, un ano e pico despois da presentación desta moción e tras as reiteradas
averías na rede de abastecemento da auga, que da servizo a todo o casco urbano,
o goberno municipal, liderado por José
López Campos, aínda non foi quen de poñer en marcha os arranxos necesarios para
solucionar, de xeito definitivo, os problemas dun servizo prioritario para o normal
desenvolvemento dxs veciñxs e dos negocios.
A primeira obriga dun goberno, co seu alcalde
á cabeza, é garantir a prestación dos servizos
de primeira necesidade, e de non ser así, non hai excusas que valgan. Se non
demostran capacidade para manter os servizos prioritarios de pouco sirven o
resto das promesas”. Móvete exixe ao Alcalde que teña respeto polxs veciñxs e
mostre algo de responsabilidade política no Goberno Municipal.
Móvete advirte ao alcalde que os problemas
non se solucionan mirando para outro lado. A irresponsabilidade deste goberno
chega a tal punto que parece que non lle importa nada pase o que pase. Levamos
dous anos sufrindo cortes de auga de xeito habitual e aínda non se tomaron
medidas. Cae un raio no Concello hai 6 meses e seguimos sen pararraios…
venres, 7 de outubro de 2016
O Concello solicita á Xunta que axilice os pagos e incremente as cuantías aos afectados por ataques da fauna salvaxe a iniciativa de Móvete.
No Pleno de onte, aprobouse unha moción a iniciativa de Móvete para INSTAR Á CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO a: Garantir
as indemnizacións que cubran a totalidade dos danos causados xabarín e
predadores nas explotacións agro-gandeiras; simplificar e axilizar o proceso
administrativo para o acceso ás mesmas; e traballar da man dos sectores
involucrados en estratexias de prevención de danos.
Ademáis, preguntamos polo “Polígono Sectorial do Moble” de Lagartóns.
Reclamamos un maior
servizo de limpeza en todo o recinto da praza da Feira e na zona dos pulpeiros.
E a colocación dun Punto de luz na zona do punto
limpio.
Agradecemos a colaboración do resto das forzas políticas nesta moción, que
xurde a iniciativa dunha moción de Móvete.
A necesidade desta moción xurde debido a que cada vez son máis habituais os
casos de danos que especies como o xabarín ou o lobo están a causar nas
explotacións agro-gandeiras do noso Concello. Os perxuizos sufridos polxs
propietarixs das explotacións non sempre son indemnizados na súa totalidade por
parte da administración competente (e cando o son, normalmente é con moita demora), afectando directamente ao sector
agro-gandeiro, que xa de por sí atópase nun momento crítico.
En definitiva, actualmente as cuantías establecidas para facer frente ás
indemnizacións son insuficientes ante o incremento dos danos causados por estas
especies.
Por isto, consideramos
importante INSTAR Á CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO para:
Garantir as indemnizacións que cubran a totalidade dos danos causados;
simplificar e axilizar o proceso administrativo para o acceso ás mesmas; e traballar
da man dos sectores involucrados en estratexias de prevención de danos.
Rogos e
Preguntas
1. Levamos pedindo en
diferentes ocasións a convocatoria dunha comisión informativa para coñecer cal é a situación actual do “Polígono Sectorial do Moble” e o que se pretende finalmente facer, se é
que se pretende facer algo concreto.
Hai 2
semanas, enterámonos pola prensa que se contratou un estudo para facer unha “adaptación do proxecto da Cidade do Moble”. Gustaríanos coñecer:
·
O custe que ten este estudo para a
adaptación do proxecto.
·
Que é o que se pretende con esta
adaptación.
· Coñecer se realmente existe unha
demanda de novas empresas para ubicarse neste suposto polígono.
·
Cantos cartos se levan gastado dende
que se empezou a falar deste proxecto da “Cidade do Moble”.
·
E, canto se prevé que costaría este
polígono nunha primeira fase?
Porque,
está ben falar de proxectos pero hai que ver se son viables. E neste sentido, creo
que é preciso recordar que no 2006 prevíase que só a primeira fase do
polígono costaría 33 millóns e medio de euros. O cal xa a todas luces
demostraba a súa inviavilidade, ao marxe do, por suposto, impacto
medioambiental que supoñía.
2.
Maior
servizo de limpeza en todo o recinto da praza da Feira e na zona dos pulpeiros.
Enganche de luz do tendido eléctrico na zona dos pulpeiros.
3.
Punto de luz na zona do
punto limpio, onde está a compactadora do lixo.
mércores, 5 de outubro de 2016
O Tribunal de Contas fiscalizará facturas do 2015, pagadas con reparo en contra do Departamento de Intervención, por un total de 3.680.312,08€
Móvete –movemento veciñal
estradense- destaca unha serie de cuestións que reflexa o propio informe de
intervención e a Memoria da Conta Xeral:
·
Móvete acusa ao
goberno de executar pagos ao marxe da legalidade e informa que as facturas pagadas, con informe en contra do
departamento de intervención, alcanzan a cuantía de 3.680.312,08 € (cuantía
elaborada tendo en conta só as facturas que forman parte das relacións que
superan os 50.000€, que son as que pasarán á fiscalización do T.C.). Móvete advirte da necesesidade de cumplir
a lei de contratos do sector público e acusa ao goberno de saltarse
constantemente a normativa.
·
Falta de información económica da Fundación Cultural, máis alá da xustificación da subvención nominativa
municipal de 140.000€ que vén recibindo cada ano. O propio informe de
intervención advirte do anómalo desta situación e Móvete reclama unha maior fiscalización a fin de garantir o cumplimento
estrito da legalidade.
·
Móvete apunta á falta de planificación, por parte do Concelleiro
responsable desta área, como causante do
retraso na aprobación da Conta Xeral, que debera estar xa aprobada segundo
o procedemento da súa formación e rendición.
·
Neste concello non se levan a cabo ás dotacións
para amortización do inmobilizado, debido á falta dun inventario posto ao día. Móvete advírte da necesidade de proceder á
actualización do inventario de bens a fin de posibilitar o eficaz control do inmovilizado.
·
Por capítulos de gastos, segundo a comparación das obrigas recoñecidas netas sobre os créditos definitivos dos exercicios 2014 e 2015 destacamos un
Incremento do Gasto:
- No capítulo 1: Gastos
de Persoal. Incremento o gasto nun 4,20%.
- No capítulo 2: Gastos
en bens correntes e servizos. Incremento do 5,50%.
- No capítulo 3: Intereses:
Incremento do 26,32%.
- No capítulo 6: Investimentos reais: cuia partida era de 4.916.636,59€, tan só
se executaron 2.466.720,41€, o 50,17%.
·
Móvete destaca que a
Conta Xeral reflexa que o Goberno Muncipial gastou durante o pasado ano un
total de 1.420.451,22€ na Partida de
“Estudos e Traballos Técnicos”. Cantidade excesiva para un orzamento coma o do
noso Concello.
xoves, 18 de febreiro de 2016
Móvete presenta no Concello da Estrada unha Moción na defensa da nosa lingua
Móvete presenta no Concello da Estrada
unha Moción na defensa da nosa lingua, o Galego. A moción pide que se cumpran as
recomendacións do Consello de Europa, e
solicita a redacción dun novo decreto para o uso do galego, que conte co
apoio social e político máis amplo posible. Móvete busca no Concello da Estraba a
unidade de tódalas forzas políticas estradenses.
Móvete presenta na Estrada a moción que
este luns daba a coñecer a Mesa pola Normalización Lingüística, e que a
nivel galego conta co apoio de case todas as formacións políticas con representación municipal e parlamentar
–todas agás o PP-.
Este
luns a Mesa pola Normalización Lingüística dou a coñecer a Moción coa intención
de que as diferentes organizacións políticas a presentaran nos diferentes
Concellos de Galicia. Naqueles sitios
onde sexan respaldadas, as mesmas serán logo enviadas ao
Consello de Europa. Na Estrada Móvete vén de rexistrala no día de hoxe.
Esta
moción é unha resposta ao conformismo e inacción do Goberno galego ante as
recomendacións e as conclusións do último informe do Consello de Europa. Nel, a
institución advirte que o decreto do
plurilingüismo reduce a presenza da lingua propia e entra en contradición coa
Carta Europea das Linguas, ademáis de pedir encarecidamente fomentar o idioma na escola e modificacións
legais que permitan o seu uso na xustiza e na administración. A moción
reclama que a Xunta faga efectivas as recomendacións do Comité
de Expertos e do Comité de Ministros do Consello de Europa, que insta a cumprir acordos internacionais como a Carta Europea das Linguas asinada polo Estado e que o faga
"elaborando un novo decreto para o uso do galego, que conte con amplo
apoio social e político. Namentres demanda que derogue aqueles
artigos do decreto 79/2010 que limitan o uso do galego".
Esta moción, iniciativa da Mesa, e presentada por Móvete no Concello da Estraba, busca tamén a unidade de tódalas forzas políticas estradenses para visibilizar que estamos
unidas procurando que o noso goberno cumpra cos compromisos colectivos e
internacionais sobre a lingua” e que “garanta plenamente a posibilidade que debe
ter calquera falante de desenvolver a totalidade da súa vida na propia lingua”.
A Estrada, 18 de
febreiro de 2015
A nova na prensa local: Faro de Vigo
xoves, 4 de febreiro de 2016
Móvete propón modificacións aos orzamentos do goberno local para o ano 2016
Móvete propón modificacións aos orzamentos do Partido Popular na Comisión
de Facenda, para que sexan a aposta decidida por un concello máis verde,
transparente, social e ao tempo xeradores de emprego de calidade, que A Estrada
precisa.
- Incrementar a partida reservada a servizos sociais ata
asegurar que todxs xs veciñxs teñen acceso aos recursos básicos —vivenda,
subministros de auga e electricidade—, e ao mínimo preciso para a
subsistencia en condicións dignas.
- Creación dun Plan Municipal de Emprego de calidade, onde
se concreten accións encamiñadas á posta en valor dos nosos sectores produtivos
como xeradores de emprego, e investimentos en
proxectos sostibles e respectuosos co entorno.
- Portal da transparencia e a participación cidadá.
- Reducir o gasto do Concello en consultoras
e traballos realizados por outras empresas.
A portavoz do Grupo Municipal de Móvete, Mar Blanco Casais, cualifica
estes orzamentos de continuistas respecto aos do ano anterior , e polo
tanto, seguen sen ofrecer solucións aos grandes problemas que teñen xs
veciñxs e o noso Concello.
Estes orzamentos
continuan sen garantir a cobertura das
necesidades básicas das persoas en situación de exclusión ou pobreza:
-Actualmente hai 240 familias que teñen que recurrir a Cáritas en busca
de alimentos e axuda para facer fronte ao pago de recibos, principalmente de
luz e aluguer. As partidas reservadas nesta proposta orzamentaria, son
claramente insuficientes para atender a demanda actual
- O concello destina 20.000 €
para o banco de alimentos; 20.000 € ao fondo de emerxencias e 30.000 € para
a reforma das casa-escolas para vivenda social.
Estas
cuantías amosan que a prioridade deste Goberno, non é eliminar ou diminuír o risco de que as persoas en
situación de desemprego vivan na pobreza e sexan vítimas da exclusión social.
Non é ético que a partida
reservada para “Prensa, revistas, libros e outras publicacións” (19.884,00 €) iguale na práctica á
reservada para o Banco de Alimentos Municipal, e se vexa amplamente superada
polos 51.493€ reservados para a partida de “Publicidade
e propaganda”.
Neste ámbito a proposta de Móvete pasa por incrementar
a partida reservada aos servizos sociais, ata asegurar que tódalxs veciñxs teñan
acceso aos recursos
básicos —vivenda, subministros de auga e electricidade— e a un mínimo de
subsistencia en condicións dignas.
Consideramos
que hai orzamento suficiente para
atender esta demanda, por exemplo equilibrando a partida orzamentaria destinada
para “Estudos e traballos técnicos” 1.591.303,00€
-obviamente excesiva e moi reveladora
das prioridades do Goberno Municipal se a comparamos co montante adicado a gasto social para
familias con escasos recursos-.
Para Móvete, o piar
fundamental que debera conter este documento na súa parte de
gastos (a maiores de recoller todos
os gastos correntes da administración local) é precisamente o gasto
social.
Móvete bota en falta o
que consideramos o outro piar fundamental, que é a creación dun Plan Municipal
de Emprego de calidade, onde se concreten accións encamiñadas á posta en
valor dos nosos sectores produtivos, como xeradores de emprego e investimentos
en proxectos sostibles e respetuosos co noso entorno.
Consideramos que a partida que o Concello reserva para o que
define como, “Subvencións fomento do
emprego e promoción económica”, orzamentada con 22.000 € non é suficiente
para fomentar a creación de emprego. E, sen embargo, hai outras partidas
orzamentarias cualificadas como “Gastos
Diversos”, orzamentadas con 450.000 €, os cales se poderían distribuir
eficientemente para levar a cabo esta
proposta de “Plan Municipal de Emprego” que propoñemos dende Móvete.
Outra proposta básica
presentada pola portavoz do Grupo de Móvete, é a concreción dos medios precisos
para crear un portal da transparencia e da participación cidadá.
Móvete tamén considera
necesario reducir os gastos do Concello pagados por traballos realizados
por outras empresas.
Neste caso temos, por exemplo, os 450.000€ que recibe Sogama polo tratamento de
residuos, cando deberíamos camiñar cara a reciclaxe de residuos orgánicos (tanto
polo aforro económico, coma polo impacto medioambiental positivo).
Outro exemplo de reducir os gastos municipais á vez que se promove utilizar a fontes de enerxía máis
eficientes e respectuosas co noso entorno, é sustituindo o alumeado público por
bombillas LED.
A Estrada, 03 de febreiro de 2016
xoves, 28 de xaneiro de 2016
Móvete pide explicacións sobre a adxudicación de obras no concello
Móvete solicita a convocatoria da Comisión
Informativa de Urbanismo dun xeito inmediato, coa finalidade de acadar unha
maior transparencia na adxudicación e certificación de obras, e para coñecer
os detalles das Certificacións de obras aprobadas na xunta de Goberno local,
celebrada o pasado 30 de decembro con carácter extraordinario e urxente.
Pedimos explicacións ao Goberno Municipal sobre a relación de
certificacións de obras aprobadas na xunta de goberno local do pasado 30 de
decembro, en particular sobre a
certificación da obra “Construcción de vestiarios no Campo de Fútbol de
Callobre”, e sobre a adxudicación da obra “Obras
no SX-D-1 (Estadio Municipal) A Baiuca”, que tivo lugar na xunta de
Goberno Local celebrada o pasado 11 de xaneiro.
Vista a acta da xunta do Goberno
local e consultado o expediente da obra “Construcción de vestiarios non campo de
fútbol de Callobre”, a portavoz do Grupo Municipal de Móvete, Mar
Blanco Casais, esixe coñecer os
argumentos do grupo de goberno para aprobar un proxecto técnico elaborado
polo propio Concello, no que se orzamenta esta obra en máis de 170.000€.
Dende Móvete consideramos que non queda o suficientemente claro a
xustificación de tal inversión na obra feita por Bamarti. Se ben é unha
obra importante e necesaria para o normal desenvolvemento das actividades
deportivas do fútbol club Callobre, sen embargo semella contar cun orzamento
excesivo para unha obra de ese tipo, e
por tanto, en aras dunha maior transparencia, solicitamos a
convocatoria da comisión informativa de urbanismo.
Móvete esixirá tamén na mesma comisión, unha explicación sobre a viabilidade da obra “Obras no SX-D-1
(Estadio Municipal) A Baiuca. Na xunta de goberno local celebrada o
pasado 11 de xaneiro, o goberno adxudicou o contrato da obra por importe de 404.297.30€ a Construcciones y Proyectos
Abilleira S.L. Segundo o expediente, esta empresa cumpre coas melloras
previstas nos Pregos, executando dita obra en 29 días. Consideramos que é
importante coñecer como se van realizar as obras para que nese período de tempo
se poida levar a cabo con éxito a urbanización de dita zona.
A Estrada, 27 de xaneiro
de 2015
A nova na prensa local: Faro de Vigo
domingo, 24 de xaneiro de 2016
Móvete emprende unha campaña a favor da compostaxe
Móvete
–movemento veciñal estradense- lamenta as declaracións do alcalde
da Estrada nas que manifesta a súa oposición á “reciclaxe de
residuos orgánicos” e nas que amosa unha fonda ignorancia do tema
ao calificala de “voltar á época das corredoiras”.
Móvete
queremos anunciar que emprenderemos no noso concello unha campaña de
información á cidadanía para explicar os beneficios de reciclar e
deste xeito adquirir o compromiso de participación dos veciños.
As
declaracións feitas por José López demostran unha total
ignorancia sobre a reciclaxe de residuos orgánicos, tanto dende
o punto de vista do impacto medioambiental e económico, como dende o
punto de vista legal. A compostaxe é un proceso de transformación
da materia orgánica para obter compost, un abono natural. Esta
transformación lévase a cabo en calquera casa ou zona comunitaria
mediante un compostador, sen ningún tipo de mecanismo, motor ni
gasto de mantemento.
As
principais razóns polas que dende Móvete defendemos a importancia
de apostar pola reciclaxe de residuos orgánicos, e que o
alcalde da Estrada descoñece, son as seguintes:
-
Razóns ambientais: contribuiremos a reducir a contaminación.
-
Aforro de recursos ao transformar a materia orgánica en compost.
-
Mellora da calidade do solo grazas a este compost seguro e de calidade.
-
A reducción dos biorresiduos en depósitos controlados e plantas.
-
Disminución da emisión de gases implicados no efecto invernadoiro.
-
Canto máis cerca aproveitemos os restos orgánicos máis se reducirá o consumo de combustibles para o transporte, haberá menos acumulación de desfeitos en vertedoiros e contribuiremos a unha notable reducción de sustancias tóxicas e gases nocivos; e por suposto tamén evitaremos a contaminación producida ao queimalos.
-
-
Razóns económicas: Aforrar cartos públicos e dos veciños.
-
Levar os residuos orgánicos a vertedoiros e a plantas ocasiona un canón de residuos moi alto, que no caso da Estrada o Concello estalle pagando a Sogama. Se destinamos gran parte dos nosos residuos ao compostaxe poderíamos reducir nun portecentaxe moi algo o que actualmente lle estamos pagando a Sogama.
-
A implantación do compostaxe comunitario aforraría aos concellos ata uns 40-45 euros por familia e ano.
-
Este abaratamento suporía que o goberno municipal podría dispoñer dunha maior liquidez para destinar a outros obxetivos, xa que neste momento o tratamento do lixo resulta un servizo totalmente deficitario.
-
O lixo diario que se xenera nos fogares contén un 40-50% de materia orgánica, que pode ser reciclada e retornada á terra en forma de humus para as plantas e cultivos. De cada 100 kilos de basura orgánica obtense 20-25 kilos de compost. Deste xeito aforraremos en fertilizantes e sustratos, xa que os teremos gratis e serán de gran calidade (sen elementos químicos).
-
-
Razóns Legais: Cumplir a normativa.
-
A Directiva 2008/98/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de novembro de 2008 sobre os residuos establece as seguintes orientacións: Potenciar a recollida de biorresiduos con vista á compostaxe e á dixestión dos mesmos; Potenciar o tratamento dos biorresiduos; Promover o uso dos materiais seguros a partir dos biorresiduos.
-
En España, a lei 22/2011, de 28 de xullo, de residuos e solos contaminados establece un artigo específico. Artigo 24. Biorresiduos. As autoridades ambientais promoverán plans e programas de xestión de residuos para impulsar: A recollida separada de biorresiduos para compostaxe o dixestión anaeróbica; Compostaxe doméstico e comunitario; tratamento de biorresiduos recollidos separadamente; O uso do compost seguro producido a partir de biorresiduos no sector agrícola, a xardinería ou a rexeneración de áreas degradadas.
-
O
próximo 1 de febreiro remata o prazo para participar no Plan de
Compostaxe Comunitario posto en marcha pola Deputación de
Pontevedra, dentro do cal o organismo provincial faríase cargo da
compra e instalación dos compostadores comunitarios nos Concellos
que o solicitaran. Dende Móvete lamentamos que o goberno municipal
non solicitase que A Estrada se integrara nesta primeira tanda de
centros de compostaxe comunales, e esperamos que a través da
campaña informativa que levaremos a cabo, obteremos o apoio dos
veciños para participar nunha próxima convocatoria, que segundo
información da propia Deputación, será neste mesmo ano.
A
Estrada, 21 de xaneiro de 2015
A nova na prensa local: Faro de Vigo La Voz de Galicia
xoves, 21 de xaneiro de 2016
Móvete denuncia a desidia e a opacidade do Goberno Municipal na elaboración dos orzamentos municipais
Móvete denuncia a desidia e a opacidade
do Goberno Municipal na elaboración dos orzamentos municipais. Hai un mes que
deberían estar aprobados, e os partidos da oposición nin sequera tivemos acceso a eles.
É unha mágoa que non se empreguen os orzamentos públicos – que
reflicten de xeito fidedigno as prioridades económicas e sociais dun goberno-,
coma unha ferramenta de avance na construcción de espazos democráticos de
participación na toma de decisións.
Móvete lamenta que o goberno local aínda non comprenda que a economía
actual esixe, cada vez máis, a análise e
a transparencia á hora da elaboración dos orzamentos públicos. Botamos en falta
que o Goberno implique á oposición na elaboración dos orzamentos, canto menos a
xeito de consulta, o mesmo que debería facer co resto dos axentes sociais
Dende Móvete denunciamos que o Goberno Municipal non se cinga ao estipulado
na lexislación actual e incumpra os prazos establecidos para a elaboración do documento
que recolle os gastos que como máximo poderá realizar o Concello, e os ingresos que prevé obter para o próximo
2016.
A lexislación obriga a que os
orzamentos estean aprobados definitivamente antes do 31 de decembro do ano
anterior, polo tanto o orzamento do ano 2016 debería estar aprobado
definitivamente como moi tarde o 31 de decembro de 2015. Dende Móvete pedímoslle ao Goberno que non esperen máis en convocar a
comisión de Facenda para que a oposición poidamos ter acceso ao documento
orzamentario que teñan avanzado; para
que a oposición teñamos a oportunidade de facer propostas para mellorar o
documento orzamentario; e para coñecer os motivos do retraso na elaboración do
mesmo.
A Estrada, 21 de xaneiro
de 2015
A nova na prensa local: Faro de Vigo La Voz de Galicia
martes, 19 de xaneiro de 2016
Moción de Móvete alertando da proliferación de especies forestais invasoras
Móvete rexistra unha moción no Concello
da Estrada para o seu tratamento en Pleno, co fin de que éste inste á Xefatura
Territorial da Consellería de Medio Rural, a que vixíe e denuncie a creación de
plantacións de especies forestais, algunhas delas moi invasoras (eucaliptos),
en terreos agrícolas.
Actualmente, estanse a
permitir no noso concello a creación de plantacións de especies forestais, algunhas delas moi
invasoras (eucaliptos), en terreos agrícolas, sen que por parte
da Administración Autonómica, responsable de facer respectar esta lei, se tomen
medidas de xeito ordinario.
Temos que evitar que
empeoren as perspectivas de produción e recuperación do sector agrogandeiro do
noso concello, impedindo a desaparición de terreos aptos
para producións agrícolas, hortícolas, frutícolas, gandeiras, etc
Tomamos como base legal para denunciar estos feitos a “lei 7/2012 de 28 de xuño de 2012, de Montes de Galicia” que regula,
entre outras cousas, o cambio de uso do solo ou mellor dito, o cambio de actividade agrícola a forestal no artigo
61.
Este artigo (61) concretamente di:
“Soamente os terreos rústicos de uso agrícola en estado de manifesto
abandono e que estean adscritos a un banco de terras agrarias ou instrumento
semellante, por un período de polo menos dous anos, se poderán forestar, logo
de comunicarllo á Administración forestal, cando cumpran algún dos seguintes
supostos:
a) Que estremen con terreos forestais, cando
se utilicen frondosas caducifolias.
b) Que constitúan enclaves de ata 5 hectáreas
en superficie arborada, utilizando frondosas caducifolias.”
O Grupo Municipal de Móvete
do Concello da Estrada, presenta para a súa consideración e aceptación polo
Pleno Municipal o seguinte ACORDO:
Instar á
administración competente, neste caso a Xefatura Territorial da Consellería de
Medio Rural (Art.54), a que vixíe e denuncie este tipo de actuacións, e fagan
respectar a lei sen ter que esperar a que haxa unha denuncia particular como ocorre
na actualidade.
A Estrada, 18 de xaneiro
de 2016
A nova na prensa local: Faro de Vigo La Voz de Galicia
venres, 15 de xaneiro de 2016
Móvete recibe este sábado na Estrada ás iniciativas municipalistas de toda Galicia
Móvete –movemento veciñal estradense- recibe
na Estrada ás iniciativas municipalistas de toda Galicia nunha xornada de
traballo adicada a planificar a folla de ruta de cara as eleccións galegas.
Este sábado 16 autoconvócanse na
Estrada as diferentes iniciativas municipalistas galegas de unidade popular,
para unha reunión de traballo colectivo coa finalidade de cimentar e determinar
os eixos básicos e o camiño que debe transitar o proceso de acumulación de
forzas, de cara a acadar un goberno ao
servizo do pobo galego na Xunta de Galicia. Para este obxectivo, as iniciativas
municipalistas queremos seguir participando
activamente na construción da confluencia e do liderado cidadán.
Como ben sabedes,
nas pasadas eleccións municipais de maio, ante a grave
situación económica e política que padecemos, xurdiron en todo o país
diferentes procesos de confluencia e unidade popular cun obxectivo: facilitar a máxima participación da
cidadanía na política municipal e devolverlle as institucións á xente. É
dicir, acadar máis e mellor democracia e
colocar de novo as persoas no centro da acción política. Da intención pasamos á práctica e
algúns destes movementos constituíronse en alternativas reais de goberno das
nosas vilas e cidades, acadando as principais alcaldías da provincia da Coruña.
Pero foron moitas máis as que, co seu traballo e implicación, recolleron a
ilusión dunha gran parte da cidadanía nun novo xeito de facer política e
acadaron tamén un importante impacto electoral.
Nas eleccións estatais de decembro, a coalición En Marea,
recollendo aquel impulso inicial de maio encarnado na figura dos alcaldes rebeldes e coa colaboración da inmensa maioría das
candidaturas municipalistas, obtivo un resultado histórico que fixo tremer
o bipartidismo. Mais non é abondo: a suma dos partidos do réxime aínda é maior
e temos que seguir a traballar para
multiplicar o peso das forzas do cambio político. Neste senso, é imprescindible continuar coa implicación nos
procesos municipalistas para fomentar o necesario liderado cidadán. Esta implicación colectiva é imprescindíble para
espertar a ilusión e inundar o Parlamento do Hórreo de persoas que
respondan ao mandato da xente. É un
orgullo para Móvete, que A Estrada vaia ser durante este sábado o
epicentro do cambio político en Galicia que xa está en marcha, e do que todos
debemos participar. Toca mollarse, toca recuperar Galicia para a cidadanía.
A Estrada, 15 de xaneiro de 2016
martes, 12 de xaneiro de 2016
Rogos e preguntas feitos no Pleno do día 11 de xaneiro
ROGOS E PREGUNTAS
Rogos:
-
Pedimoslle ao Goberno Municipal un pouco máis de sensibilidade co patrimonio histórico e arquitectónico estradense, e que proceda de xeito inmediato á restauración da Ponte Romana de Liñares para evitar o seu derrubamento total. Forma parte do patrimonio arquitectónico estradense e presta servizo aos veciños da zona como vial de comunicación para acceder a terreos de labranza. Agora mesmo os veciños non poden utilizar o víal ao supoñer un perigo e teñen que cruzar por outra ponte que hai 100 metros máis abaixo, a cal tampouco se atopa nas mellores condicións. Consideramos urxente a súa reparación, antes de que un novo derrubamento afecte ao arco, o cal dificultaría a súa reparación e suporía un custe moito maior.
-
Instámoslle a que repoña os servizos básicos de luz e auga para o normal funcionamento “do punto limpo”.
-
Instamos ao Goberno á colocación dunha sinalización do aparcadoiro destinado ás ambulancias en fronte do centro de saúde.
-
Pedímoslle ao Goberno a que inste á Administración oportuna para que mellore a visibilización da estrada a Forcarei polo peligro que supón a circulación por esta vía debido aos bancos de néboa.
-
E a petición dos veciños da Grela pedímoslle que limpe as cunetas da estrada que vai de Codeseda á Grela, e tamén que se proceda á limpeza dos sumidoiros de Codeseda que están tupidos e non recollen a auga, según advirten os veciños.
Preguntas:
-
Como se van solucionar os problemas de goteiras no Novo Mercado? Vaise dar conta á empresa posto que son os responsables e a obra está en garantía ou non se vai facer nada para evitar que siga chovendo dentro do novo mercado?
-
Cando ten pensado o Goberno Municipal presentarnos a súa proposta de orzamentos municipais para poder facer as aportacións oportunas?
-
Cal é motivo polo que os municipais non poidan utilizar un dos dous últimos coches que se compraron? Parece lóxico que se se compra un coche novo é para utilízalo e non para estar aparcado no garaxe mentres está en garantía.
luns, 11 de xaneiro de 2016
Nota de prensa sobre o proxecto AESS 2020

Móvete –movemento veciñal estradense- quere facer público o seu
posicionamento crítico respecto ao proxecto AESS 2020, cuxo fin apoiamos, pero
que pensamos que presenta graves fallas en canto a metodoloxia e aos criterios
políticos adoptados para a elección dalgunhas medidas, ademáis da acostumada
falta de participación e vontade democrática, por desgraza característica deste
goberno local.
No propio proxecto elaborado pola
empresa contratada para a elaboración do mesmo, IDOM, falase da necesidade de
implicar a todos os axentes sociais e partidos políticos do concello, para
facer deste proxecto algo transparente e participativo. Xa que de momento diso
non se está cumprindo nada, podían comezar por facer público o custo para o
erario local de facer un proxecto do cal logo ignoran as súas recomendacións.
Os grandes problemas da Estrada,
a falta de traballo e a perda de poboación consecuencia en boa parte do
anterior, seguirán sendo os mesmos de seguir a liña marcada polo concello neste
proxecto. Botamos en falta unha aposta firme e decidida polos sectores
produtivos locais, por crear no rural un tecido produtivo sostible que
proporcione emprego de calidade como mellor garante dun concello próspero e
sostible, xa sexa por medio de talleres de formación e orientación para a
poboación, ou por outros medios.
Cremos que outra importante
carencia da vila que podería encarrilarse con este proxecto, é a reparación
definitiva da rede de abastecemento de auga
e concordamos coa necesidade de
minimizar o impacto medioambiental, reducir as necesidades enerxéticas e incentivar o
uso das enerxías renovables, a pesar de que o concello ata o de agora non
predicou co exemplo e no proxecto ven expresado dun xeito moi vago e aberto.
Salientar que o punto dedicado a
achegar a administración ao cidadá e a fomentar a administración telemática,
traenos a memoria que un goberno do mesmo signo co actual enterrou os cartos
chegados de Europa co proxecto A ESTRADA DIXITAL, sen cumprir un dos obxectivos
básicos que era ese.
Para concluir, consideramos por
tanto, que as liñas de actuación
propostas non siguen o camiño correcto para atallar os principais problemas que
ten o noso Concello. As principais
medidas que se deberían ter en conta son as que teñen unha incidencia directa
na mellora da calidade de vida das persoas, como son por exemplo as que propoñemos no apartado sobre o rural
ou as destinadas a satisfacer a crecente demanda de servizos sociais
orientados á terceira idade, tal e como recomenda este proxecto pero
que logo non se especifica en ningún apartado. (centro de día, centro de xubilados, actividades de envellecemento
activo).
Con todo, consideramos que o
fundamental neste momento é solicitar
esta axuda, e se realmente o goberno local quere poñer todo da súa parte para
acadala e cumprir os obxectivos, recomendámoslle que conte coa oposición, cos
colectivos sociais e coa cidadanía para continuar elaborando os programas
concretos e as liñas de actuación que redunden no beneficio de todos os
estradenses sen excepción.
A nova na prensa local: Faro de Vigo
xoves, 17 de decembro de 2015
B.I.M. correspondente ao mes de novembro
Xa está dispoñible para a súa descarga ou lectura en liña o Boletín Informativo de Móvete (B.I.M.) correspondente a este mes de outubro..
Clica aquí para ler ou descargalo.
Clica aquí para ler ou descargalo.
luns, 21 de setembro de 2015
Descarga ou le en liña o B.I.M. de setembro!
Xa está dispoñible para a súa descarga ou lectura en liña o Boletín Informativo de Móvete (B.I.M.) correspondente a este mes de setembro.
Clica aquí para ler ou descargalo.
Clica aquí para ler ou descargalo.
martes, 1 de setembro de 2015
AFÍLIATE OU FAITE SIMPATIZANTE DE MÓVETE!!
Dende as seguintes ligazóns podes descargar as fichas de afiliación ou simpatizante.
Envíanolas cubertas ao noso correo movetepolaestrada@gmail.com e consúltanos calquera dúbida que poidas ter no mesmo.
FICHA DE AFILIACIÓN FICHA DE SIMPATIZANTE OU COLABORADOR
Envíanolas cubertas ao noso correo movetepolaestrada@gmail.com e consúltanos calquera dúbida que poidas ter no mesmo.
FICHA DE AFILIACIÓN FICHA DE SIMPATIZANTE OU COLABORADOR
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


