martes, 19 de xaneiro de 2016

Moción de Móvete alertando da proliferación de especies forestais invasoras

Móvete rexistra unha moción no Concello da Estrada para o seu tratamento en Pleno, co fin de que éste inste á Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural, a que vixíe e denuncie a creación de plantacións de especies forestais, algunhas delas moi invasoras (eucaliptos), en terreos agrícolas.

Actualmente, estanse a permitir no noso concello a creación de plantacións de especies forestais, algunhas delas moi invasoras (eucaliptos), en terreos agrícolas, sen que por parte da Administración Autonómica, responsable de facer respectar esta lei, se tomen medidas de xeito ordinario.

Temos que evitar que empeoren as perspectivas de produción e recuperación do sector agrogandeiro do noso concello, impedindo a desaparición de terreos aptos para producións agrícolas, hortícolas, frutícolas, gandeiras, etc

Tomamos como base legal para denunciar estos feitos a lei 7/2012 de 28 de xuño de 2012, de Montes de Galicia”  que regula, entre outras cousas, o cambio de uso do solo ou mellor dito, o cambio  de actividade agrícola a forestal no artigo 61.

Este artigo (61) concretamente di:
“Soamente os terreos rústicos de uso agrícola en estado de manifesto abandono e que estean adscritos a un banco de terras agrarias ou instrumento semellante, por un período de polo menos dous anos, se poderán forestar, logo de comunicarllo á Administración forestal, cando cumpran algún dos seguintes supostos:
     a)    Que estremen con terreos forestais, cando se utilicen frondosas caducifolias.  
    b)    Que constitúan enclaves de ata 5 hectáreas en superficie arborada, utilizando frondosas caducifolias.”

O Grupo Municipal de Móvete do Concello da Estrada, presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal o seguinte ACORDO:

Instar á administración competente, neste caso a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural (Art.54), a que vixíe e denuncie este tipo de actuacións, e fagan respectar a lei sen ter que esperar a que haxa unha denuncia particular como ocorre na actualidade.


A Estrada, 18 de xaneiro de 2016

A nova na prensa local:  Faro de Vigo     La Voz de Galicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario