mércores, 22 de febreiro de 2017

Trasladámonos a https://moveteae.wordpress.com/

Coa intención de continuar movéndonos e de mellorar, trasladamos a nosa web a:
 https://moveteae.wordpress.com/ , co cal está deixará de actualizarse.
Desculpade as molestias!

venres, 30 de decembro de 2016

Resposta de Móvete ós comentarios do alcalde sobre a nosa primeira valoración dos orzamentos

A función da oposición é fiscalizar a xestión do goberno. Eso non é nin vella, nin nova política. Desde Móvete consideramos que este é o noso labor, e seguiremos a facelo.
No primeiro informe de Móvete sobre o balance da execución dos orzamentos do concello, puxemos o acento no gasto desmesurado en comidas, na celebración do partido de fútbol da selección española e no excesivo custe de algunhas obras e servizos. Nas vindeiras semanas seguiremos analizando polo miúdo outras partidas orzamentarias e faremos propostas para que nos orzamentos do 2017 se recorte neste tipo de gastos e se incrementen outras partidas que consideramos prioritarias.
Os datos dos gastos que fixemos públicos son os que Móvete entende que se poden reducir e incluir noutras partidas que consideramos prioritarias, como son servizos sociais e políticas que incentiven a creación de emprego. Sen dúbida, hai moitos outros gastos que Móvete suprimiría e adicaría a outras partidas. A xestión do actual Goberno responde a unhas siglas a nivel nacional que representan políticas de dereitas, e nós defendemos que a xestión pública debe estar orientada á cidadanía, a incrementar o benestar social.
Na rolda de prensa na que fixemos público o despilfarro na xestión e as promesas incumplidas, tan só indicamos a nosa opinión respecto a estes gastos que consideramos superfluos, e en ningún momento entramos a calificar de xeito despectivo ao PP. A única intención de Móvete con esta información é aportar transparencia sobre como se distribúe o orzamento municipal. Cabe lembrar que, en primavera, a corporación municipal acordou, a instacia de Móvete, a creación dun Portal da Transparencia, aínda pendente de execución.
En vista do comentado polo Alcalde a respecto dos datos aportados por Móvete, queremos recalcar unha cuestión de sentido común: o sector da sidra, a Rapa das Bestas, xs gandeirxs, xs maiores, a promoción cultural do Concello non se apoia con comidas. Foméntase, coidase, revitalízase con políticas adecuadas que van máis alá. A Estrada necesita políticas sociais, económicas e culturais, e non tapar o oco cun banquete ao ano por sector.
Por último, queremos puntualizar unha serie de datos que exemplifican de xeito obxetivo o gasto desmesurado do Goberno e que o Alcalde tratou de maquillar:

1. A comida oficial do salmón custou 3.203€ (en principio estaba prevista para 50 persoas, pero se finalmente foron 30 peor no lo
pon porque igualmente se pagou esa cantidade, que supón case 107€ por comensal). A maiores, houbo outra comida con motivo da festa do salmón que custou 1.500€, supostamente para promocionar o salmón, pero non sabemos entre quen.
Que haxa facturas de comidas pagadas con cartos públicos por importe de: 3.310,56 €; 1.850,00 € e así ata pasar dos 25.000€, parécenos un gasto desmesurado. O alcalde xustifica que a factura de 1.600€ responde ao aloxamento dos sidreiros que participaron na Festa da Sidra. Entón, como se xustifica a outra factura que leva como concepto “aloxamento” cun importe de 1.095,30€?

2. Xustificar o gasto de 8.500€ nun partido da selección española é unha irresponsabilidade cxs veciñxs en xeral e co deporte local en particular.

3. Non recoñecer o pago fraccionado a favor da empresa Wecom por un total de 15.000€ é negarse a cumplir a legalidade.

4. Das promesas incumplidas, dos spots promocionais en Nos Tv e en Libertad Dixital, dos 11.000€ gastados só na decoración e organización da festa do salmón e dos 173.000€ gastados no vestuario do Callobre, parece que prefire non decir nada.

Como dixen. estes datos aportados por Móvete son exemplificativos da xestión do goberno.

O propósito de Móvete para o vindeiro ano é, como tamen o foi no 2016, estar ao lado do grupo de Goberno para traballar de xeito conxunto e con responsabilidade na implementación de políticas que redunden na mellora de calidade de vida: políticas de creación de emprego, incremento atención social, desenvolmento sostible. Pero para iso, o goberno ten que empezar por cumplir a normativa e evitar despilfarros dos cartos públicos.

Resposta de Móvete ós comentarios do alcalde sobre a nosa primeira valoración dos orzamentos

A función da oposición é fiscalizar a xestión do goberno. Eso non é nin vella, nin nova política. Desde Móvete consideramos que este é o noso labor, e seguiremos a facelo.

No primeiro informe de Móvete sobre o balance da execución dos orzamentos do concello, puxemos o acento no gasto desmesurado en comidas, na celebración do partido de fútbol da selección española e no excesivo custe de algunhas obras e servizos. Nas vindeiras semanas seguiremos analizando polo miúdo outras partidas orzamentarias e faremos propostas para que nos orzamentos do 2017 se recorte neste tipo de gastos e se incrementen outras partidas que consideramos prioritarias.

Os datos dos gastos que fixemos públicos son os que Móvete entende que se poden reducir e incluir noutras partidas que consideramos prioritarias, como son servizos sociais e políticas que incentiven a creación de emprego. Sen dúbida, hai moitos outros gastos que Móvete suprimiría e adicaría a outras partidas. A xestión do actual Goberno responde a unhas siglas a nivel nacional que representan políticas de dereitas, e nós defendemos que a xestión pública debe estar orientada á cidadanía, a incrementar o benestar social.
Na rolda de prensa na que fixemos público o despilfarro na xestión e as promesas incumplidas, tan só indicamos a nosa opinión respecto a estes gastos que consideramos superfluos, e en ningún momento entramos a calificar de xeito despectivo ao PP. A única intención de Móvete con esta información é aportar transparencia sobre como se distribúe o orzamento municipal. Cabe lembrar que, en primavera, a corporación municipal acordou, a instacia de Móvete, a creación dun Portal da Transparencia, aínda pendente de execución.

En vista do comentado polo Alcalde a respecto dos datos aportados por Móvete, queremos recalcar unha cuestión de sentido común: o sector da sidra, a Rapa das Bestas, xs gandeirxs, xs maiores, a promoción cultural do Concello non se apoia con comidas. Foméntase, coidase, revitalízase con políticas adecuadas que van máis alá. A Estrada necesita políticas sociais, económicas e culturais, e non tapar o oco cun banquete ao ano por sector.

Por último, queremos puntualizar unha serie de datos que exemplifican de xeito obxetivo o gasto desmesurado do Goberno e que o Alcalde tratou de maquillar:

1. A comida oficial do salmón custou 3.203€ (en principio estaba prevista para 50 persoas, pero se finalmente foron 30 peor no lo pon porque igualmente se pagou esa cantidade, que supón case 107€ por comensal). A maiores, houbo outra comida con motivo da festa do salmón que custou 1.500€, supostamente para promocionar o salmón, pero non sabemos entre quen.
Que haxa facturas de comidas pagadas con cartos públicos por importe de: 3.310,56 €; 1.850,00 € e así ata pasar dos 25.000€, parécenos un gasto desmesurado. O alcalde xustifica que a factura de 1.600€ responde ao aloxamento dos sidreiros que participaron na Festa da Sidra. Entón, como se xustifica a outra factura que leva como concepto “aloxamento” cun importe de 1.095,30€?

2. Xustificar o gasto de 8.500€ nun partido da selección española é unha irresponsabilidade cxs veciñxs en xeral e co deporte local en particular.

3. Non recoñecer o pago fraccionado a favor da empresa Wecom por un total de 15.000€ é negarse a cumplir a legalidade.

4. Das promesas incumplidas, dos spots promocionais en Nos Tv e en Libertad Dixital, dos 11.000€ gastados só na decoración e organización da festa do salmón e dos 173.000€ gastados no vestuario do Callobre, parece que prefire non decir nada.
Como dixen. estes datos aportados por Móvete son exemplificativos da xestión do goberno.

O propósito de Móvete para o vindeiro ano é, como tamen o foi no 2016, estar ao lado do grupo de Goberno para traballar de xeito conxunto e con responsabilidade na implementación de políticas que redunden na mellora de calidade de vida: políticas de creación de emprego, incremento atención social, desenvolmento sostible. Pero para iso, o goberno ten que empezar por cumplir a normativa e evitar despilfarros dos cartos públicos.

luns, 24 de outubro de 2016

MÓVETE APOIA A PROPOPISICIÓN DE LEI PARA A APLICACIÓN DE MEDIDAS URXENTES EN MATERIA DE RÉXIME LOCAL PRESENTADA NO CONGRESO DOS DEPUTADOS.


Esta proposición de Lei, presentada polo Grupo Confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, pretende derrogar a Lei Montoro (Lei 27/2013, de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local), recuperar a autonomía municipal e rematar coas privatizacións forzosas. Entendemos que é unha norma que frea a autonomía dos concellos, que impide contratar persoal para prestar servizos, pero permite gastar millóns de euros en privatizacións innecesarias. 

A proposta vai máis alá da derrogación da Lei Montoro, e senta as bases para abrir un proceso participativo onde os concellos e a sociedade traballen xuntos por unha nova municipalidade: con novas competencias, cun novo financiamento e con garantías para salvagardar os dereitos da cidadanía.

Móvete, xunto a iniciativas municipalistas de todo o Estado, presta o seu apoio a esta iniciativa para construír unha administración local máis próxima á xente. Trátase de poñer de manifesto as barreiras que ten a administración para prestarlle servizos á cidadanía. Non se poden contratar persoas para servizos sociais, pero si externalizar a xestión por miles de euros.

O texto que será presentado no pleno da Estrada indica que “as administracións locais foron as grandes prexudicadas polas políticas de austeridade levadas a cabo nos últimos anos”. E lembra que máis de 3.000 concellos de todo o estado, que representan a 16 millóns de persoas, expresaron xa o seu rexeitamento a esta normativa que, entre outros problemas, provocou recortes nos servizos sociais que os municipios lle prestaban á súa veciñanza.

Nesta moción tamén se insta ao Goberno da Xunta de Galicia a desenvolver unha Lei de Facendas Locais que permita garantir a autonomía financeira dos concellos. Na mesma liña, solicítase que se mellore a participación das institucións municipais nos ingresos autonómicos e a redefinición dos mecanismos de equilibrio territorial.
Para o grupo municipal de Móvete é necesario priorizar o criterio de Administración máis próxima á cidadanía, como garantía de universalidade, mellor cobertura territorial, calidade e control democrático na prestación dos servizos públicos, avanzar na formulación dun novo sistema de financiamento local que inclúa a redistribución dos fondos actualmente asignados ás Deputacións Provinciais, así como unha Lei de Facendas Locais de Galicia, que amplíe a participación dos Concellos nos Ingresos da Comunidade Autónoma e que redefina os actuáis mecanismos de reequilibrio territorial.


En definitiva, con esta Proposición preténdense implementar medidas urxentes que permitan aos Concellos, ata que haxa unha nova Lei de Bases de Réxime Local, prestar os servizos esenciais necesarios para o funcionamento dos nosos concellos. Enténdese que o ámbito local constitúe un espazo fundamental para a defensa e a loita polos dereitos sociais como o dereito á sanidade, á educación o á vivenda e que, polo tanto, é necesario sentar as bases do novo municipalismo do século XXI, que teña como bases a elaboración dunha nova Lei de Bases de Réxime Local, para clarificar e aumentar as competencias dos entes locais; garantir un novo  sistema de financiamento local que asegure dereitos e a prestación de servizos esenciais; e garantir a transparencia e a participación directa e vinculante da cidadanía.

xoves, 13 de outubro de 2016

Móvete pide que se cumpla o estipulado nas bases DUSI e que se facilite a implicación real da oposición, dos colectivos sociais e da cidadanía para elaborar os programas concretos e as liñas de actuación que redunden no beneficio de todxs xs estradenses sen excepción.


O principal órgano de decisión a “Comisión Estratéxica EDUSI” é o máximo órgano político de toma de decisións, e estará conformada por tódolos grupos políticos e presidida polo Alcalde, tal e como se especifíca na memoria “Estratéxia de Desarrollo Urbano Sostenible e Integral (DUSI) A Estrada 2014-2020”. De tal xeito que, Móvete reclama unha implicación real da oposición á hora de elaborar os diferentes programas de actuación e non simplemente, para dar o “visto bo a cada proxecto do Concello”.

Móvete destaca que o propio espíritu do programa das axudas europeas básase en fomentar a transparencia na xestión e a participación dos diferentes actores políticos, colectivos sociais e a cidadanía en xeral na elección das medidas a desenvolver.

Consideramos importante traballar de forma conxunta en liñas de actuación que vaian encamiñadas a atallar os principais problemas que ten o noso Concello. As principais medidas que se deberían ter en conta son as que teñen unha incidencia directa na mellora da calidade de vida das persoas: Crear postos de traballo, fixar poboación, e incrementar o benestar social deben ser obxetivos nos que traballar de forma conxunta.

Para Móvete é importante aproveitar esta oportunidade para facer unha aposta firme e decidida polos sectores produtivos locais, por crear no rural un tecido produtivo sostible que proporcione emprego de calidade como mellor garante dun concello próspero e sostible, xa sexa por medio de talleres de formación e orientación para a poboación, ou por outros medios. É importante tamén satisfacer a crecente demanda de servizos sociais orientados á terceira idade. Consideramos tamén importante avanzar na necesidade de minimizar o impacto medioambiental, reducir as necesidades enerxéticas e incentivar o uso das enerxías renovables.

En definitiva, pedimos que se cumpla o estipulado nas bases DUSI e  que se facilite a implicación real da oposición, dos colectivos sociais e da cidadanía para elaborar os programas concretos e as liñas de actuación que redunden no beneficio de todxs xs estradenses sen excepción.


A Estrada, 12 de outubro de 2016

luns, 10 de outubro de 2016

Moción para declarar ao Concello da Estrada espazo libre de discriminación contra o pobo palestino, e adhesión á Campaña BDS (Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel).

En Xullo de 2005 unha ampla coalición de colectivos palestinos lanzou a campaña BDS Global contra Israel apelando ás “persoas con consciencia en todo o mundo para impor amplos Boicotes e implementar iniciativas de Desinvestimento e Sancións contra Israel” como medida de presión para acabar con a cada vez mais sangrenta limpeza étnica do pobo palestino. 
Sindicatos, universidades, colectivos sociais, asociacións de consumidores, movimentos pacifistas, concellos, artistas, estudantes, profesionais dos mais diferentes ámbitos e de todos os continentes uníronse nun movemento cidadán e pacífico que crece e multiplica os seus resultados dia da dia. Un movemento global que se converteu no eixo reivindicativo da solidariedade con Palestina. Un movemento global de que Galiza non pode estar ausente.

Por todo isto, o Grupo Municipal de Móvete solicita a adhesión do Concello da Estrada á campaña BDS, cuxos obxetivos son:

-A finalización da ocupación e colonización de todas as terras palestinas e o desmantelamento do Muro;
-O recoñecemento dos dereitos fundamentais dos cidadáns árabe-palestinos de Israel para unha igualdade completa;
-O recoñecemento do dereito dos palestinos refuxiados a retornar ás súas casas e propiedades como o estipulou a resolución 194.

Solicitamos que, con esta finalidade, o Concello da Estrada se comprometa a:

1. Absterse de colaborar co Estado israelí, as súas institucións públicas ou os seus representantes oficiais no Estado español, en calquera proxecto de desenvolvemento agrario, educativo, comercial, cultural ou de seguridade.
2. Absterse de contratar servizos ou comprar produtos a empresas israelís ou empresas cómplices de violacións do dereito internacional en Palestina.
3. Difundir a campaña BDS entre a cidadanía e apoiala nos seus distintos ámbitos (económico, cultural, deportivo, académico e institucional).

A Estrada, 10 de outubro de 2016

Móvete califica ao Alcade de incompetente por non ser capaz de garantir o servizo dun ben de primeira necesidade, como é o normal funcionamento da rede de abastecemento da auga no casco urbano.

Hai un ano e pico Móvete presentaba unha moción onde instaba ao Goberno Municipal a realizar, de xeito prioritario, as melloras na rede de abastecemento da auga.

Aludíamos naquela ocasión ás continuas averías na rede de abastecemento de auga, que habitualmente deixan aos veciños da vila durante varias horas sen auga, dun xeito repentino, impedindo realizar todo tipo de tarefas habituais e imprescindibles para as persoas, ademáis dos danos que ocasiona nos negocios que ven limitada a súa actividade rutinaria”
.
Pois ben, un ano e pico despois da presentación desta moción e tras as reiteradas averías na rede de abastecemento da auga, que da servizo a todo o casco urbano, o goberno municipal, liderado por José López Campos, aínda non foi quen de poñer en marcha os arranxos necesarios para solucionar, de xeito definitivo, os problemas dun servizo prioritario para o normal desenvolvemento dxs veciñxs e dos negocios.

A primeira obriga dun goberno, co seu alcalde á cabeza, é garantir a  prestación dos servizos de primeira necesidade, e de non ser así, non hai excusas que valgan. Se non demostran capacidade para manter os servizos prioritarios de pouco sirven o resto das promesas”. Móvete exixe ao Alcalde que teña respeto polxs veciñxs e mostre algo de responsabilidade política no Goberno Municipal.


Móvete advirte ao alcalde que os problemas non se solucionan mirando para outro lado. A irresponsabilidade deste goberno chega a tal punto que parece que non lle importa nada pase o que pase. Levamos dous anos sufrindo cortes de auga de xeito habitual e aínda non se tomaron medidas. Cae un raio no Concello hai 6 meses e seguimos sen pararraios…