xoves, 13 de outubro de 2016

Móvete pide que se cumpla o estipulado nas bases DUSI e que se facilite a implicación real da oposición, dos colectivos sociais e da cidadanía para elaborar os programas concretos e as liñas de actuación que redunden no beneficio de todxs xs estradenses sen excepción.


O principal órgano de decisión a “Comisión Estratéxica EDUSI” é o máximo órgano político de toma de decisións, e estará conformada por tódolos grupos políticos e presidida polo Alcalde, tal e como se especifíca na memoria “Estratéxia de Desarrollo Urbano Sostenible e Integral (DUSI) A Estrada 2014-2020”. De tal xeito que, Móvete reclama unha implicación real da oposición á hora de elaborar os diferentes programas de actuación e non simplemente, para dar o “visto bo a cada proxecto do Concello”.

Móvete destaca que o propio espíritu do programa das axudas europeas básase en fomentar a transparencia na xestión e a participación dos diferentes actores políticos, colectivos sociais e a cidadanía en xeral na elección das medidas a desenvolver.

Consideramos importante traballar de forma conxunta en liñas de actuación que vaian encamiñadas a atallar os principais problemas que ten o noso Concello. As principais medidas que se deberían ter en conta son as que teñen unha incidencia directa na mellora da calidade de vida das persoas: Crear postos de traballo, fixar poboación, e incrementar o benestar social deben ser obxetivos nos que traballar de forma conxunta.

Para Móvete é importante aproveitar esta oportunidade para facer unha aposta firme e decidida polos sectores produtivos locais, por crear no rural un tecido produtivo sostible que proporcione emprego de calidade como mellor garante dun concello próspero e sostible, xa sexa por medio de talleres de formación e orientación para a poboación, ou por outros medios. É importante tamén satisfacer a crecente demanda de servizos sociais orientados á terceira idade. Consideramos tamén importante avanzar na necesidade de minimizar o impacto medioambiental, reducir as necesidades enerxéticas e incentivar o uso das enerxías renovables.

En definitiva, pedimos que se cumpla o estipulado nas bases DUSI e  que se facilite a implicación real da oposición, dos colectivos sociais e da cidadanía para elaborar os programas concretos e as liñas de actuación que redunden no beneficio de todxs xs estradenses sen excepción.


A Estrada, 12 de outubro de 2016

Ningún comentario:

Publicar un comentario