luns, 10 de outubro de 2016

Moción para declarar ao Concello da Estrada espazo libre de discriminación contra o pobo palestino, e adhesión á Campaña BDS (Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel).

En Xullo de 2005 unha ampla coalición de colectivos palestinos lanzou a campaña BDS Global contra Israel apelando ás “persoas con consciencia en todo o mundo para impor amplos Boicotes e implementar iniciativas de Desinvestimento e Sancións contra Israel” como medida de presión para acabar con a cada vez mais sangrenta limpeza étnica do pobo palestino. 
Sindicatos, universidades, colectivos sociais, asociacións de consumidores, movimentos pacifistas, concellos, artistas, estudantes, profesionais dos mais diferentes ámbitos e de todos os continentes uníronse nun movemento cidadán e pacífico que crece e multiplica os seus resultados dia da dia. Un movemento global que se converteu no eixo reivindicativo da solidariedade con Palestina. Un movemento global de que Galiza non pode estar ausente.

Por todo isto, o Grupo Municipal de Móvete solicita a adhesión do Concello da Estrada á campaña BDS, cuxos obxetivos son:

-A finalización da ocupación e colonización de todas as terras palestinas e o desmantelamento do Muro;
-O recoñecemento dos dereitos fundamentais dos cidadáns árabe-palestinos de Israel para unha igualdade completa;
-O recoñecemento do dereito dos palestinos refuxiados a retornar ás súas casas e propiedades como o estipulou a resolución 194.

Solicitamos que, con esta finalidade, o Concello da Estrada se comprometa a:

1. Absterse de colaborar co Estado israelí, as súas institucións públicas ou os seus representantes oficiais no Estado español, en calquera proxecto de desenvolvemento agrario, educativo, comercial, cultural ou de seguridade.
2. Absterse de contratar servizos ou comprar produtos a empresas israelís ou empresas cómplices de violacións do dereito internacional en Palestina.
3. Difundir a campaña BDS entre a cidadanía e apoiala nos seus distintos ámbitos (económico, cultural, deportivo, académico e institucional).

A Estrada, 10 de outubro de 2016

Ningún comentario:

Publicar un comentario