luns, 10 de outubro de 2016

Móvete califica ao Alcade de incompetente por non ser capaz de garantir o servizo dun ben de primeira necesidade, como é o normal funcionamento da rede de abastecemento da auga no casco urbano.

Hai un ano e pico Móvete presentaba unha moción onde instaba ao Goberno Municipal a realizar, de xeito prioritario, as melloras na rede de abastecemento da auga.

Aludíamos naquela ocasión ás continuas averías na rede de abastecemento de auga, que habitualmente deixan aos veciños da vila durante varias horas sen auga, dun xeito repentino, impedindo realizar todo tipo de tarefas habituais e imprescindibles para as persoas, ademáis dos danos que ocasiona nos negocios que ven limitada a súa actividade rutinaria”
.
Pois ben, un ano e pico despois da presentación desta moción e tras as reiteradas averías na rede de abastecemento da auga, que da servizo a todo o casco urbano, o goberno municipal, liderado por José López Campos, aínda non foi quen de poñer en marcha os arranxos necesarios para solucionar, de xeito definitivo, os problemas dun servizo prioritario para o normal desenvolvemento dxs veciñxs e dos negocios.

A primeira obriga dun goberno, co seu alcalde á cabeza, é garantir a  prestación dos servizos de primeira necesidade, e de non ser así, non hai excusas que valgan. Se non demostran capacidade para manter os servizos prioritarios de pouco sirven o resto das promesas”. Móvete exixe ao Alcalde que teña respeto polxs veciñxs e mostre algo de responsabilidade política no Goberno Municipal.


Móvete advirte ao alcalde que os problemas non se solucionan mirando para outro lado. A irresponsabilidade deste goberno chega a tal punto que parece que non lle importa nada pase o que pase. Levamos dous anos sufrindo cortes de auga de xeito habitual e aínda non se tomaron medidas. Cae un raio no Concello hai 6 meses e seguimos sen pararraios… 

Ningún comentario:

Publicar un comentario