martes, 12 de xaneiro de 2016

Rogos e preguntas feitos no Pleno do día 11 de xaneiro

ROGOS E PREGUNTAS
Rogos:
  1. Pedimoslle ao Goberno Municipal un pouco máis de sensibilidade co patrimonio histórico e arquitectónico estradense, e que proceda de xeito inmediato á restauración da Ponte Romana de Liñares para evitar o seu derrubamento total. Forma parte do patrimonio arquitectónico estradense e presta servizo aos veciños da zona como vial de comunicación para acceder a terreos de labranza. Agora mesmo os veciños non poden utilizar o víal ao supoñer un perigo e teñen que cruzar por outra ponte que hai 100 metros máis abaixo, a cal tampouco se atopa nas mellores condicións. Consideramos urxente a súa reparación, antes de que un novo derrubamento afecte ao arco, o cal dificultaría a súa reparación e suporía un custe moito maior.
  2. Instámoslle a que repoña os servizos básicos de luz e auga para o normal funcionamento “do punto limpo”.
  3. Instamos ao Goberno á colocación dunha sinalización do aparcadoiro destinado ás ambulancias en fronte do centro de saúde.
  4. Pedímoslle ao Goberno a que inste á Administración oportuna para que mellore a visibilización da estrada a Forcarei polo peligro que supón a circulación por esta vía debido aos bancos de néboa.
  5. E a petición dos veciños da Grela pedímoslle que limpe as cunetas da estrada que vai de Codeseda á Grela, e tamén que se proceda á limpeza dos sumidoiros de Codeseda que están tupidos e non recollen a auga, según advirten os veciños.
Preguntas:
  1. Como se van solucionar os problemas de goteiras no Novo Mercado? Vaise dar conta á empresa posto que son os responsables e a obra está en garantía ou non se vai facer nada para evitar que siga chovendo dentro do novo mercado?
  2. Cando ten pensado o Goberno Municipal presentarnos a súa proposta de orzamentos municipais para poder facer as aportacións oportunas?
  3. Cal é motivo polo que os municipais non poidan utilizar un dos dous últimos coches que se compraron? Parece lóxico que se se compra un coche novo é para utilízalo e non para estar aparcado no garaxe mentres está en garantía.



Ningún comentario:

Publicar un comentario