xoves, 4 de xuño de 2015

Posicionamento de Móvete ao respecto da ampliación da Alameda

Dende móvete –movemento veciñal estradense- pedímoslle ao alcalde da Estrada que recapacite sobre os plans anunciados para a Alameda.
Non vemos oportuno nin razoable dende ningún punto de vista que non sexa o afán de satisfacer o ego do alcalde, endebedar ao concello en algo que agora mesmo non é prioritario sobre todo  cando outras necesidades, que si son prioritarias, non están cubertas.
 O rexidor municipal debería saber que un bo goberno é aquel que sabe priorizar o gasto  e invertir os cartos públicos, que son de todxs xs veciñxs, en proporcionar os servizos básicos e mellorar a vida dos mesmos. 
Neste momento é imposible calcular a cifra global que suporía a ampliación da alameda, por iso continuar adiante co proxecto é unha temeridade. A cifra de 1,6 millóns de € é probable que non  vaia a ser suficiente para pagar as expropiacións, dado que o habitual e que os propietarios recurran a oxustiprecio, e este adoita sentenciar en favor destes. Non esquezamos tampouco que a maiores,  a este custe habería que engadirlle o preciso para  acondicionar o terreo.
Baixo estas premisas, dende móvete preguntamoslle ao alcalde se sabe cal  é a cifra global que nos vai costar aos estradenses a ampliación da Alameda? E cal é exatamente o proxecto da mesma? Se non hai unha resposta clara e concreta a estas preguntas queda claro que o alcalde é un irresponsable dunha magnitude considerable.
Móvete proponlle ao rexidor en funcións que antes de dar un paso máis avanzando cara un novo despropósito, teña en conta as obras urxentes para garantir a mínima calidade de vida para todxs os estradenses. Consideramos prioritario arranxar a rede de abastecemento da auga da vila; a rede de saneamento rural; a inversión nun verdadeiro centro de día onde os maiores poidan pasar o día coa oportuna atención e coidados, e o desenvolmento de accións e políticas sociais destinadas a solventar as necesidades alimenticias ou de outra índole pola que están a pasar cada vez máis veciñxs do Concello. Despois, ou en paralelo,  se continúa obsesionado coa Alameda lembrámoslle que está non dispón de servizos públicos .
A nova na prensa local:   La Voz de Galicia      Faro de Vigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario