venres, 29 de maio de 2015

Denunciamos a lamentable situación da "Casa das letras"

Cadeira na Casa das Letras.
Dende móvete denunciamos que a biblioteca estreada as carreiras antes do proceso electoral, presenta un estado moi deficitario tanto de equipamento coma de mobiliario e non cumpre os requisitos mínimos precisos para o uso ao que se destina.

Cando as cousas se fan exclusivamente coa intención de enganar ao pobo para gañar un proceso electoral, cando o único interese que se persigue é o propio e non o xeral, é cando nos atopamos con esperpentos coma que unha recén estreada biblioteca, a "Casa das Letras",  sexa prácticamente inútil como tal.
Concretamente, as novas cadeiras mercadas polo concello, metálicas e adquiridas a unha empresa foránea, non cumpren as características ergonómicas precisas para o uso demandado. Dende móvete preguntámoslle ao alcalde quen foi o responsable desta elección e o seu custe.
O primeiro que se debe saber antes de realizar unha compra e o uso  que se lle vai a dar ao material a adquirir, para que o gasto se adecue plenamente a necesidade a cubrir,  e a continuación, nos cremos que deberíase primar o uso de materiais fabricados no noso concello.
Entendemos que facer unha compra a unha empresa foránea, duns produtos que tamén se fabrican aquí, é algo inexplicable cando ademais se fai dende o concello, cos cartos de todxs, e sabendo o mal que o están pasando moitas das nosas empresas debido a falta de negocio. Xa é o colmo que por riba o adquirido  non cumpra os requisitos para os que se destina.
A nova biblioteca non está ben dimensionada, entre todas as salas non se da servizo a todos os usuarios. O concello tenta disimular isto colocando sillas a ambos lados de mesas de 50 cm de ancho, cando e claro e meridiano que non hai espazo material para que se poida situar un usuario en cada cadeira.
Entendemos que causas alleas ás usuais ou de forza maior, poidan retrasar puntualmente o horario da apertura da biblioteca, pero solicitamos que esta situación anormal sexa prevista, e no caso de volver a suceder, poida solucionarse sen que teñan que ser os usuarios os perxudicados. Neste sentido recordámoslle ao alcalde en funcións, que non  esqueza que a puntualidade na apertura da biblioteca era un punto do seu programa electoral.
Asimesmo, os libros non están catalogados,  non se pode consultar a través dun ordenador o inventario dos mesmos...etc
Denunciamos tamén dende móvete que non existan ordenadores con conexión a internet a disposición dos usuarios.
Onte o alcalde fixo unhas declaracións nas que avisaba do perigo de que co cambio de mans da Deputación  e o abandono do seu amigo Louzán, A Estrada saíra perxudicada. Dende móvete preguntámonos, acaso cando se construiu a Casa Das Letras non estaba Louzán na deputación? Acaso non ten o alcalde na Xunta aos seus compañeiros do Partido Popular e con todo a variante AG-59 segue sen rematarse, o ambulatario temos o que temos...etc? Lamenta agora o alcalde ter cedido a xestión de impostos á caixa da Deputación na que agora non terá a un amigo co que intercambiar cromos? 
O alcalde pretende xustificar a súa desidia, a súa falta de peso político, os seus futuros incumprimentos e o seu absoluto desprezo polo pobo estradense con este tipo de declaracións, e a proba irrefutable son cousas coma esta que hoxe denunciamos ou as recentes declaracións dos concelleiros en funcións  Oscar Durán e Lucía Seoane.

Actualización:

Comunícannos que hai unha folla de reclamacións para que toda aquela persoa que queira deixar constancia da súa disconformidade coa situación, poida facelo. A folla está na mesma biblioteca.


  
A nova na prensa local: Faro de Vigo    

Ningún comentario:

Publicar un comentario