xoves, 7 de maio de 2015

Manifesto de Móvete- Movemento Veciñal Estradense

Este movemento ven a ser unha iniciativa conformada por veciñas e veciños da Estrada que na súa maioría non están adscritos á ningunha organización política e decidiron dar un paso adiante de cara ás próximas eleccións municipais. Queremos demostrar que, ante o fracaso dos partidos políticos tradicionais que levaron ao descrédito a unha clase política estática e desconectada do pobo, que coa súa inacción nos mergullou na dramática situación económica, política e social que estamos padecendo, a cidadanía débese gobernar a sí mesma sen intermediarios que antepoñan o seu interese particular sobre o xeral.
Móvete xurde como unha iniciativa plural, de esquerdas, marcada pola humildade, a honestidade, a valentía, a responsabildade e o esforzo. Fronte ó hieratismo dos nosos gobernantes, propoñemos dinamismo e iniciativas; fronte á inactividade, propoñemos accións decididas; fronte á parálise das nosas institucións, propoñemos movemento para conseguir un Concello máis democrático, transparente, plural e con máis oportunidades.
O movemento implica acción, implicación e cambio; móvete para tomar  o control do teu destino; móvete pola inversión en proxectos sostibles e respectuosos co noso entorno; móvete pola posta en marcha de  políticas dirixidas a crear emprego de calidade; móvete para poñer en valor os nosos sectores produtivos, o noso potencial humano, a nosa cultura; móvete para priorizar as políticas sociais; móvete na procura dunha xestión transparente e eficaz.
En definitiva, móvete por un concello ao servizo de todxs.

Si estas de acordo con este manifesto, queres colaborar, apoiarnos, enviar calquera suxestión ou proposta, ou que te manteñamos informadx, envíanos un correo electrónico co teu nome, parroquia e datos de contacto(teléfono, correo electrónico..), podes utilizar para elo o formulario situado á dereita nesta web.


Ningún comentario:

Publicar un comentario