Lidia Senra, deputada no parlamento europeo por AGE, participou o pasado sábado en dúas charlas organizadas por móvete (movemento veciñal estradense).
A deputada explicou aos asistentes que nestes vindeiros comicios non se vota so a unha persoa ou coñecido, senón tamén a un partido que defende uns postulados e unhas políticas determinadas. Con isto quixo dicir que os partidos maioritarios na Estrada, son tamén os partidos maioritarios no parlamento europeo, é son os mesmos que están apoiando no dito parlamento as políticas que están levando á progresiva desaparición das pequenas empresas, do pequeno comercio, da agricultura e gandería de proximidade…etc.
Destacou tamén que estes dous grandes partidos, apoiaron dende as institucións europeas a instauración do chamado “canon da auga”, que é un imposto que pretende que paguemos por ter dereito ao uso da auga, é dicir, pagar por algo que é de todxs.
Dende móvete queremos destacar que as políticas que nós poremos en marcha irán encamiñadas a apoiar e fomentar o pequeno comercio, as pequenas e medianas empresas, a agricultura de proximidade,..., é dicir, primar o desenvolvemento local fronte o das grandes empresas e multinacionais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario