sábado, 18 de abril de 2015

Emprendemos unha campaña de mobilización do voto por correo

Ante a ausencia de información e difusión nos medios de comunicación por parte da administración competente na materia, dende móvete queremos dar a coñecer os prazos para solicitar o voto por correo e recordar a importancia de que todxs tomemos parte na elección do próximo goberno municipal.
Somos moi conscientes da gran cantidade de mozxs, e xa non tan mozxs, que se viron obrigados a facer as maletas en busca dun traballo que non atopan aquí. É moi triste que en pleno século XXI estemos a pasar polo mesmo sufrimento que pasaron os nosos avós e que tan arraigado está na historia do noso País.
Os datos son tan alarmantes como reais, dende o 2009 hai 922 estradenses máis no extranxeiro, o cal supón un incremento do 18,3% e deixa un total de 5.946 estradenses inscritos no censo de residentes no extranxeiro.
Dende movemento veciñal estradense somos conscientes destes datos e queremos facernos eco dos mesmos, apuntando a que esta realidade ten que cambiar e nós temos a capacidade para facelo. É unha obriga dos representantes da cidadanía na Institución municipal contar con eses cidadáns para construir un Concello con futuro para tódolxs veciñxs.
Ao PP non lle interesa informar de que xa abriron os prazos para solicitar o voto por correo porque ten medo de que a xente indignada coa situación actual os castigue electoralmente.

  • Voto por correo de electores residentes en España:
    • Solicitude de voto do 31 de marzo ao 14 de maio.
    • Remisión polos electores do voto por correo do 4 ao 20 de maio.
  • Voto de electores residentes no extranxeiro C.E.R.A.
    • Solicitude de voto polo elector C.E.R.A mediante impreso oficial (dispoñible en Consulados e web)
    • Remisión electores voto por correo ao Consulado do 31 de marzo ao 19 de maio.
    • Depósito electores voto en urna (Consulado) do 20 a 22 de maio.
  • Voto de electores temporalmente ausentes:
    • Solicitude para o voto dos temporalmente ausentes, do 31 de marzo a 25 de abril.
    • Remisión do voto á Mesa, do 28 de abril ao 20 de maio.

 A nova na prensa local: Faro de Vigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario