
Para
nós é prioritario que dende o Concello se atendan as demandas
que se engloban dentro da área social e que abarcan aos maiores, á
infancia, ás persoas con discapacidade, ás persoas que se atopan
atravesando por unha situación de dificultade económica ou de
calquera outra índole.
As
propostas que dende móvete levaremos a cabo na próxima lexislatura
nesta área de goberno están encamiñadas a garantir
a igualdade e a integración social de todxs xs veciñxs da Estrada.
Principais
medidas que desenvolvemos no noso programa na área de “Políticas
Sociais”
- Impulsar a creación dunha cooperativa que xestione servizos sociais como o servizo de axuda no fogar e que atenda as diversas demandas dos usuarios: apoio á hixiene, acompañamento fora do fogar, limpeza, enfermería, estimulación sensorial cognitiva.
- Por en marcha as medidas necesarias para a creación dun centro de día na “Casa das Colonias”.
- Establecer programas de envellecemento activo.
- Atención á infancia, máis alá do horario da gardería, para conciliar a vida laboral e familiar.
- Servizo de prevención en drogodependencias.
- Talleres de actividades lúdico-festivas como alternativas de ocio.
- Programa de mulleres que sufren violencia de xénero e asistencia piscolóxica tanto para elas, os fillos e outras vítimas.
- Programa de atención para homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar.
- Impulsar programas de educación para a saúde dirixidos a enfermos crónicos.
- Eliminar as barreiras arquitectónicas.
- Xestión directa dos impostos municipais.
- Habilitar unha serie de medidas encamiñadas a rematar coa precariedade laboral no noso Concello e garantir os dereitos dos traballadores.
A nova na prensa local: Faro de vigo
Ningún comentario:
Publicar un comentario