domingo, 12 de abril de 2015

Presentamos o segundo bloque do programa de móvete: "Economía e medio rural"

Na xuntanza de móvete do día 11 de abril aprobamos a segunda parte do noso programa de goberno que será o noso compromiso cxs veciñxs da Estrada para os vindeiros catro anos, e que se fixo coma o resto do programa, facendo partícipes na súa elaboración aos diferentes sectores existentes no noso concello. Con todo, o programa segue aberto a incorporación de novas propostas que axuden a acadar o noso obxectivo de crear un Concello ao servizo de todxs e onde todxs teñamos o dereito a ter un traballo digno.
Este segundo bloque inclúe os piares para acadar un desenvolvemento sustentable do concello e xerar postos de traballo que garantan unha vida digna ás persoas no noso Concello, aproveitando para elo o potencial da nosa terra en termos agrogandeiros, modernizando e optimizando o proceso produtivo en todas as súas fases: producción, transformación e comercialización.
Pensamos que isto poderíase acadar:
-Por unha banda impulsando dende o concello a creación dunha cooperativa de producción agropecuaria que aglutine aos produtores locais e deste xeito aproveitar as sinerxias e as vantaxes da unión na busqueda de novos mercados.
-Apostar por dar saída aos produtos primarios e xerar a industria precisa para a transformación destes produtos en todos os seus posibles derivados, creando deste xeito unha cadea de diferentes postos de traballo.
-Creación dunha oficina agroforestal no concello que asesore sobre os tipos de cultivo máis convintes e as tećnicas maís apropiadas para optimizar o proceso produtivo. Así mesmo crear un grupo de certificación forestal que permita aos veciños incrementar o seu beneficio na venda de madeira certificada.
-Dignificar o traballo no rural, facilitando aos traballadores deste ámbito o disfrute dos mesmos dereitos que o resto dos traballadorxs, por exemplo creando un servizo de substitución.
-Elaborar proxectos de saneamento en todo o territorio para que na medida do posible se incrementen os servizos ofertados no rural.
-Promover o uso das madeiras locais nas sinalizacións.
-Establecer un regulamento que especifique claramente os puntos de alumeado público no rural, para entre outras cousas, eliminar o símbolo da política clientelar local.
-Aumento da superficie industrial a disposición dos empresarios que xeneren postos de traballo de calidade.

-Crearase un fondo para participar en proxectos agrogandeiros de promoción particular. 
A nova na prensa local: Faro de Vigo     La voz de Galicia


Ningún comentario:

Publicar un comentario