domingo, 29 de marzo de 2015

Aprobación da primeira parte do programa: transparencia, participación cidadá e código ético

   Na xuntanza de móvete do día 27 de marzo aprobamos a primeira parte do noso programa de goberno que será o noso compromiso cos veciñxs da Estrada para os vindeiros catro anos, e que se fixo coma o resto do programa, facendo partícipes na súa elaboración aos diferentes sectores existentes no noso concello.
Este primeiro bloque inclúe os piares dunha proposta na que cremos fondamente e que está baseada na transparencia e participación cidadá, que son as dúas políticas transversais a aplicar en todos os ámbitos municipais. A finalidade é pasar dunha democracia representativa a unha democracia participativa e directa na que o concello este realmente ao servizo do pobo, o noso principal obxectivo será ir sempre na procura do interese xeral .
Algunhas das propostas a destacar dentro da nosa política de transparencia e loita contra o caciquismo e clientelismo actual son a creación, publicación e exposición de listas de contratación por sectores de actividade, a exposición pública dos orzamentos municipais ou a utilización dun tribunal externo ao concello en todas as oposicións que este convoque. Móvete promoverá e articulará desde o Concello as consultas populares que sexan necesarias en todos aqueles temas de importancia capital para o pobo da Estrada.
Dentro das propostas de participación cidadá podemos salientar a nosa intención de involucrar directamente aos sectores implicados ou consellos sectoriais na elaboración de todas a políticas públicas que afecten aos seus ámbitos de actuación, ou dotar as asambleas parroquiais da potestade de decidir sobre o uso ou finalidade da partida presupestaria ou orzamento correspondente, así como participar na súa elaboración.
Finalmente este bloque inclúe un código ético ao cal estamos sometidos todos os membros de móvete, e que subliña o noso respecto pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o noso compromiso coa participación democrática, coa toma de decisións de xeito asambleario, coa igualdade de xénero e na defensa da nosa língua, así como a nosa posición laica e democrática ou a limitación de salarios dos representantes políticos e a renuncia a calquera privilexio inherente a un cargo público.

Todos xs candidatos de Móvete, asinarán o compromiso de sometemento ós acordos acadados na asamblea, en caso contrario terán que dimitir da súa responsabilidade como concelleirxs.
Ligaźons á nova na prensa local: La Voz de Galicia     Faro de Vigo

sábado, 28 de marzo de 2015

Móvete pola soliedariedade alimentaria!

Móvete presenta unha campaña de recollida de Alimentos frescos en beneficio de Cáritas A Estrada.
O obxectivo desta campaña é fomentar a solidariedade dxs veciñxs da Estrada en beneficio doutrxs veciñxs que neste momento están pasando por unha situación económica complicada, xa que todxs somos susceptibles de necesitar axuda e por suposto todxs queremos axudar.
Esta campaña consiste en poñer un Caixón Móvete en cada unha das froiterías colaboradoras e nos cales os clientes poderán deixar parte da súa compra, sen ser necesario unha cantidade mínima. De tal xeito que cada persoa pode axudar en función das súas posibilidades, porque o importante é crear solidariedade cos demais. Ao final do día membros de Móvete pasarán a recoller por cada unha das froiterías os productos dos caixóns e levarannos a Cáritas, que os repartirán baixo o criterio que ten establecido.
Dende Móvete daremos conta semanalmente das cantidades de froitas e verduras que xs veciñxs da Estrada comparten con outrxs veciñxs que neste momento os precisan. Por iso animamos a todxs xs que poidan a que merquen a prol da Solidaridade Alimentaria entre veciñxs.

 Dende Móvete trataremos de extender esta campaña tamén entre as tendas de alimentación do Rural.
Estas son as froiterías colaboradoras: A horta de Vea; Froitas Sandra; Castelao; Froitas Mucha; Froitas Tucho; Froitas Lucita; Amifrut.
Ligazón á nova na prensa local: 

venres, 20 de marzo de 2015

Hoxe presentamos a nosa candidatura de xente disposta ó cambio, disposta a moverse.Únete, MÓVETE pola Estrada!

Mar Blanco Casais
Veciña da Estrada de 39 anos de idade. É licenciada en Ciencias Políticas e da Administración Pública (USC). Dende moi nova viu a necesidade de poñer en contacto directo á cidadanía co poder político para satisfacer os intereses públicos o que fixo que escollera a Administración Pública como área de investigación, cursando a maiores o máster de Xestión Pública (USC).

    Antonio Neira Verde
      Reside na vila(37 anos). Enxeñeiro Técnico Forestal con Máster en Enxeñería da madeira estrutural. Compaxina o traballo de autónomo co de persoal laboral do Servizo de Incendios da Xunta de Galicia.

Rosario Iglesias Requeijo
Natural da Somoza  (37 anos), é licenciada en Psicoloxía.
Silvia García Coto
Reside no casco urbano estradense(36 anos). ÉbTécnica superior en axencia de viaxes.
        
    Carlos Modesto Fernández Martínez 
    Natural da Estrada, na actualidade reside en Guimarei(55 anos). Traballador da Axencía Comarcal Agraria.

Lara Blanco Fernández
Estudante de Educación Social no campus de Ourense de 19 anos e xogadora de baloncesto no EDM A Estrada.


Lorenzo Chedas Redondo
Licenciado en Xornalismo con Máster en Literatura Comparada e diplomado en Maxisterio. Natural de A Estrada, este mozo de 25 años traballa como mestre de Educación Primaria ademais de exercer de crítico de cine en publicacións de ámbito estatal.

Aurea Docampo Silvares
Nada nas Illes Balears, actualmente reside na Estrada. É mestra de Educación Primaria con Máster de Estudos Avanzados en Pedagoxía e estuda na actualidade o Máster en Investigación en Educación.

      Esteban Gestoso Bello
      Santeles(26 anos). É Técnico en explotacións agrarias extensivas.


                   
      Etephanie Pereira Matos
      Veciña de Oca de 23 anos, é Técnica superior en Química Ambiental e actualmente estudante do Ciclo Superior en Administración e Finanzas.

Naso Reino Rubira
Xubilado de banca de 59 anos, residente na Estrada. Membro da directiva do Estradense e ex-xogador do clube.

María Chedas Camba
Residente en Ouzande de 25 anos, estuda Matemáticas.
                                              
    Manuel Blanco Casais
    Avicultor(54 anos).

          
      Beatriz Brea Fernández
      Administrativa de 29 anos. É de Curantes.
Adán Fernández Guerra
Enfermeiro no Sergas, veciño de A Estrada de 27 anos. Ten un Máster en Xerontoloxía.


José Miguel Vela Esteban
Funcionario da Seguridade Social e veciño de A Estrada. 55 anos.

María Carballo Míguez
Auxiliar de Enfermería e Técnico Superior en Protese dental. Veciña de A Estrada. 46 anos.
                                              
      Adrian Gañete Seijas
      Aguións(23 anos). Traballador do sector do metal.



                       
    Emma Rei
    Paradela(21 anos). Estudante de psicoloxía.
                                  
Xosé Bugallo
Este veciño de Codeseda de 53 anos é licenciado en Ciencias Económicas.



SUPLENTES:

                                                 Adrian Coto Couceiro                                                       Residente no casco urbano da Estrada, é licenciado en Ciencias Políticas. Na actualidade, cursa un Master en Management na Universidade do Porto.
                                          
                                                    
                                                     Cristina Gómez Prado                                                     Residente da Estrada de 21 anos. Estudante de Educación Social na Universidade de Santiago de Compostela e xogadora de baloncesto no EDM A Estrada.
Miguel Carballo Contenti
Ten 30 anos e actualmente traballa de oficial de primera de construcción e reside na Estrada.







xoves, 12 de marzo de 2015

Mar Blanco Casais elexida cabeza de lista de Móvete por consenso

A Asamblea de Móvete (Movemento Veciñal Estradense) celebrada na noite de onte (mércores, 11 de marzo de 2015) elixiu por consenso a Mar Blanco Casais para encabezar a súa candidatura.
Mar Blanco Casais naceu na vila da Estrada no ano 1975 e residiu sempre na mesma. A inquedanza pola inxustiza social fixo que dende moi nova estivera interesada en colaborar e participar das reivindicacións a prol da soberanía popular e da construcción dunha sociedade máis igualitaria, máis libre, máis xusta e máis solidaria. Esta inquedanza levouna a incorporarse como militante no Bloque Nacionalista Galego.  No ano 2012 os problemas internos do partido levaron a que un grupo de militantes, con Xosé Manuel Beiras á cabeza, decidisen que unha nova forma de facer política era necesaria para Galicia, polo que crearon o partido Anova-IN. Mar Blanco participou dende o primeiro momento neste novo proxecto político e tanto na Asamblea Constituinte de xullo de 2012, coma nas seguintes dúas Asambleas Nacionais –ano 2012 e 2013-, foi escollida para formar parte dos órganos de dirección, da Coordinadora Nacional e da Comisión Permanente, desempeñando o cargo de responsable nacional de língua. Foi despois das eleccións europeas cando a Asamblea de Anova A Estrada decidiu como prioritario centrarse na organización da formación a nivel local e nomeou a Mar como portavoz local da formación.
Desde o pasado verán a portavoz de Anova A Estrada leva traballando da mán da súa Asamblea para abrir a formación á cidadanía de cara a chegar ao escenario electoral das Municipais cun movemento amplo e plural onde os protagonistas sexan xs veciñxs da Estrada máis alá de siglas políticas. Foi neste contexto onde xurdeu Móvete, presentado en sociedade o pasado 28 de febreiro, para camiñar cara un Concello máis democrático, transparente, plural e con máis oportunidades.
Académicamente, as gañas de profundizar no coñecemento da teoría e práctica política, dos sistemas e comportamentos políticos levárona a estudar a licenciatura de Ciencias Políticas e da Administración Pública (USC). Posteriormente, o feito de ver a necesidade de poñer en contacto directo a cidadanía co poder político para satisfacer os intereses públicos, fixo que elixira a Administración Pública como área de investigación, cursando a maiores o máster de Xestión Pública (USC), que a levou a traballar na OEI (Organización de Estados Iberoamericanos) e no Departamento de Ciencia Polítia da Facultade de CCs. Políticas e Sociais (USC).