sábado, 28 de marzo de 2015

Móvete pola soliedariedade alimentaria!

Móvete presenta unha campaña de recollida de Alimentos frescos en beneficio de Cáritas A Estrada.
O obxectivo desta campaña é fomentar a solidariedade dxs veciñxs da Estrada en beneficio doutrxs veciñxs que neste momento están pasando por unha situación económica complicada, xa que todxs somos susceptibles de necesitar axuda e por suposto todxs queremos axudar.
Esta campaña consiste en poñer un Caixón Móvete en cada unha das froiterías colaboradoras e nos cales os clientes poderán deixar parte da súa compra, sen ser necesario unha cantidade mínima. De tal xeito que cada persoa pode axudar en función das súas posibilidades, porque o importante é crear solidariedade cos demais. Ao final do día membros de Móvete pasarán a recoller por cada unha das froiterías os productos dos caixóns e levarannos a Cáritas, que os repartirán baixo o criterio que ten establecido.
Dende Móvete daremos conta semanalmente das cantidades de froitas e verduras que xs veciñxs da Estrada comparten con outrxs veciñxs que neste momento os precisan. Por iso animamos a todxs xs que poidan a que merquen a prol da Solidaridade Alimentaria entre veciñxs.

 Dende Móvete trataremos de extender esta campaña tamén entre as tendas de alimentación do Rural.
Estas son as froiterías colaboradoras: A horta de Vea; Froitas Sandra; Castelao; Froitas Mucha; Froitas Tucho; Froitas Lucita; Amifrut.
Ligazón á nova na prensa local: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario