Coa intención de continuar movéndonos e de mellorar, trasladamos a nosa web a:
https://moveteae.wordpress.com/ , co cal está deixará de actualizarse.
Desculpade as molestias!
mércores, 22 de febreiro de 2017
venres, 30 de decembro de 2016
Resposta de Móvete ós comentarios do alcalde sobre a nosa primeira valoración dos orzamentos
A función da oposición é fiscalizar a xestión do goberno. Eso non é nin vella, nin nova política. Desde Móvete consideramos que este é o noso labor, e seguiremos a facelo.
No primeiro informe de Móvete sobre o balance da execución dos orzamentos do concello, puxemos o acento no gasto desmesurado en comidas, na celebración do partido de fútbol da selección española e no excesivo custe de algunhas obras e servizos. Nas vindeiras semanas seguiremos analizando polo miúdo outras partidas orzamentarias e faremos propostas para que nos orzamentos do 2017 se recorte neste tipo de gastos e se incrementen outras partidas que consideramos prioritarias.
Os datos dos gastos que fixemos públicos son os que Móvete entende que se poden reducir e incluir noutras partidas que consideramos prioritarias, como son servizos sociais e políticas que incentiven a creación de emprego. Sen dúbida, hai moitos outros gastos que Móvete suprimiría e adicaría a outras partidas. A xestión do actual Goberno responde a unhas siglas a nivel nacional que representan políticas de dereitas, e nós defendemos que a xestión pública debe estar orientada á cidadanía, a incrementar o benestar social.
Na rolda de prensa na que fixemos público o despilfarro na xestión e as promesas incumplidas, tan só indicamos a nosa opinión respecto a estes gastos que consideramos superfluos, e en ningún momento entramos a calificar de xeito despectivo ao PP. A única intención de Móvete con esta información é aportar transparencia sobre como se distribúe o orzamento municipal. Cabe lembrar que, en primavera, a corporación municipal acordou, a instacia de Móvete, a creación dun Portal da Transparencia, aínda pendente de execución.
En vista do comentado polo Alcalde a respecto dos datos aportados por Móvete, queremos recalcar unha cuestión de sentido común: o sector da sidra, a Rapa das Bestas, xs gandeirxs, xs maiores, a promoción cultural do Concello non se apoia con comidas. Foméntase, coidase, revitalízase con políticas adecuadas que van máis alá. A Estrada necesita políticas sociais, económicas e culturais, e non tapar o oco cun banquete ao ano por sector.
Por último, queremos puntualizar unha serie de datos que exemplifican de xeito obxetivo o gasto desmesurado do Goberno e que o Alcalde tratou de maquillar:
1. A comida oficial do salmón custou 3.203€ (en principio estaba prevista para 50 persoas, pero se finalmente foron 30 peor no lo
pon porque igualmente se pagou esa cantidade, que supón case 107€ por comensal). A maiores, houbo outra comida con motivo da festa do salmón que custou 1.500€, supostamente para promocionar o salmón, pero non sabemos entre quen.
Que haxa facturas de comidas pagadas con cartos públicos por importe de: 3.310,56 €; 1.850,00 € e así ata pasar dos 25.000€, parécenos un gasto desmesurado. O alcalde xustifica que a factura de 1.600€ responde ao aloxamento dos sidreiros que participaron na Festa da Sidra. Entón, como se xustifica a outra factura que leva como concepto “aloxamento” cun importe de 1.095,30€?
2. Xustificar o gasto de 8.500€ nun partido da selección española é unha irresponsabilidade cxs veciñxs en xeral e co deporte local en particular.
3. Non recoñecer o pago fraccionado a favor da empresa Wecom por un total de 15.000€ é negarse a cumplir a legalidade.
4. Das promesas incumplidas, dos spots promocionais en Nos Tv e en Libertad Dixital, dos 11.000€ gastados só na decoración e organización da festa do salmón e dos 173.000€ gastados no vestuario do Callobre, parece que prefire non decir nada.
Como dixen. estes datos aportados por Móvete son exemplificativos da xestión do goberno.
O propósito de Móvete para o vindeiro ano é, como tamen o foi no 2016, estar ao lado do grupo de Goberno para traballar de xeito conxunto e con responsabilidade na implementación de políticas que redunden na mellora de calidade de vida: políticas de creación de emprego, incremento atención social, desenvolmento sostible. Pero para iso, o goberno ten que empezar por cumplir a normativa e evitar despilfarros dos cartos públicos.
luns, 24 de outubro de 2016
MÓVETE APOIA A PROPOPISICIÓN DE LEI PARA A APLICACIÓN DE MEDIDAS URXENTES EN MATERIA DE RÉXIME LOCAL PRESENTADA NO CONGRESO DOS DEPUTADOS.
Esta
proposición de Lei, presentada polo Grupo Confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, pretende derrogar a Lei Montoro (Lei 27/2013, de Racionalización e
Sustentabilidade da Administración Local), recuperar a
autonomía municipal e rematar coas privatizacións forzosas. Entendemos que
é unha norma que frea a autonomía dos concellos, que impide contratar persoal
para prestar servizos, pero permite gastar millóns de euros en privatizacións
innecesarias.
A proposta vai máis alá da derrogación
da Lei Montoro, e senta as bases para
abrir un proceso participativo onde os concellos e a sociedade traballen xuntos
por unha nova municipalidade: con novas competencias, cun novo
financiamento e con garantías para salvagardar os dereitos da cidadanía.
Móvete, xunto a iniciativas municipalistas de todo
o Estado, presta o seu apoio a esta iniciativa para construír unha
administración local máis próxima á xente. Trátase de poñer de manifesto as barreiras que ten a
administración para prestarlle servizos á cidadanía. Non se poden contratar
persoas para servizos sociais, pero si externalizar a xestión por miles de
euros.
O texto que será presentado no pleno da Estrada indica que “as administracións locais foron as grandes
prexudicadas polas políticas de austeridade levadas a cabo nos últimos anos”.
E lembra que máis de 3.000 concellos de todo o estado, que representan a 16
millóns de persoas, expresaron xa o seu rexeitamento a esta normativa que,
entre outros problemas, provocou recortes
nos servizos sociais que os municipios lle prestaban á súa veciñanza.
Nesta moción tamén se insta ao Goberno da Xunta de Galicia a
desenvolver unha Lei de Facendas Locais
que permita garantir a autonomía financeira dos concellos. Na mesma liña,
solicítase que se mellore a
participación das institucións municipais nos ingresos autonómicos e a
redefinición dos mecanismos de equilibrio territorial.
Para o
grupo municipal de Móvete é necesario priorizar o criterio de Administración
máis próxima á cidadanía, como garantía de universalidade, mellor cobertura
territorial, calidade e control democrático na prestación dos servizos
públicos, avanzar na formulación dun novo sistema de financiamento local que
inclúa a redistribución dos fondos actualmente asignados ás Deputacións
Provinciais, así como unha Lei de Facendas Locais de Galicia, que amplíe a
participación dos Concellos nos Ingresos da Comunidade Autónoma e que redefina
os actuáis mecanismos de reequilibrio territorial.
En definitiva, con esta Proposición preténdense implementar medidas urxentes
que permitan aos Concellos, ata que haxa unha nova Lei de Bases de Réxime
Local, prestar os servizos esenciais
necesarios para o funcionamento dos nosos concellos. Enténdese que o ámbito
local constitúe un espazo fundamental para a defensa e a loita polos dereitos
sociais como o dereito á sanidade, á educación o á vivenda e que, polo tanto, é necesario sentar as bases do novo
municipalismo do século XXI, que teña como bases a elaboración dunha nova
Lei de Bases de Réxime Local, para clarificar e aumentar as competencias dos
entes locais; garantir un novo sistema
de financiamento local que asegure dereitos e a prestación de servizos
esenciais; e garantir a transparencia e a participación directa e vinculante da
cidadanía.
xoves, 13 de outubro de 2016
Móvete pide que se cumpla o estipulado nas bases DUSI e que se facilite a implicación real da oposición, dos colectivos sociais e da cidadanía para elaborar os programas concretos e as liñas de actuación que redunden no beneficio de todxs xs estradenses sen excepción.
O principal órgano de decisión a
“Comisión Estratéxica EDUSI” é o
máximo órgano político de toma de decisións, e estará conformada por tódolos grupos políticos e presidida polo Alcalde,
tal e como se especifíca na memoria “Estratéxia
de Desarrollo Urbano Sostenible e Integral (DUSI) A Estrada 2014-2020”. De
tal xeito que, Móvete reclama unha
implicación real da oposición á hora de elaborar os diferentes programas de
actuación e non simplemente, para dar o “visto bo a cada proxecto do Concello”.
Móvete destaca que o propio
espíritu do programa das axudas europeas básase en fomentar a transparencia na
xestión e a participación dos diferentes actores políticos, colectivos sociais
e a cidadanía en xeral na elección das medidas a desenvolver.
Consideramos importante traballar
de forma conxunta en liñas de actuación
que vaian encamiñadas a atallar os principais problemas que ten o noso
Concello. As principais medidas que se deberían ter en conta son as que teñen
unha incidencia directa na mellora da calidade de vida das persoas: Crear
postos de traballo, fixar poboación, e incrementar o benestar social deben ser
obxetivos nos que traballar de forma conxunta.
Para Móvete é importante
aproveitar esta oportunidade para facer unha aposta firme e decidida polos
sectores produtivos locais, por crear no rural un tecido produtivo sostible que
proporcione emprego de calidade como mellor garante dun concello próspero e
sostible, xa sexa por medio de talleres de formación e orientación para a
poboación, ou por outros medios. É importante tamén satisfacer a crecente demanda de
servizos sociais orientados á terceira idade. Consideramos tamén importante avanzar na necesidade
de minimizar o impacto
medioambiental, reducir
as necesidades enerxéticas e incentivar o uso das enerxías renovables.
En definitiva, pedimos que se cumpla o estipulado nas bases DUSI e que se facilite a implicación real da
oposición, dos colectivos sociais e da cidadanía para elaborar os programas
concretos e as liñas de actuación que redunden no beneficio de todxs xs
estradenses sen excepción.
A Estrada, 12 de outubro
de 2016
luns, 10 de outubro de 2016
Moción para declarar ao Concello da Estrada espazo libre de discriminación contra o pobo palestino, e adhesión á Campaña BDS (Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel).
En Xullo de 2005 unha ampla
coalición de colectivos palestinos lanzou a campaña BDS Global contra Israel
apelando ás “persoas con consciencia en todo o mundo para impor amplos Boicotes
e implementar iniciativas de Desinvestimento e Sancións contra Israel” como
medida de presión para acabar con a cada vez mais sangrenta limpeza étnica do
pobo palestino.
Sindicatos, universidades, colectivos sociais, asociacións de
consumidores, movimentos pacifistas, concellos, artistas, estudantes,
profesionais dos mais diferentes ámbitos e de todos os continentes uníronse nun
movemento cidadán e pacífico que crece e multiplica os seus resultados dia da
dia. Un movemento global que se converteu no eixo reivindicativo da
solidariedade con Palestina. Un movemento global de que Galiza non pode estar
ausente.
Por todo isto, o Grupo Municipal de Móvete solicita a adhesión do
Concello da Estrada á campaña BDS, cuxos obxetivos son:
-A finalización da ocupación e
colonización de todas as terras palestinas e o desmantelamento do Muro;
-O recoñecemento dos dereitos
fundamentais dos cidadáns árabe-palestinos de Israel para unha igualdade
completa;
-O recoñecemento do dereito dos
palestinos refuxiados a retornar ás súas casas e propiedades como o estipulou a
resolución 194.
Solicitamos que, con esta finalidade, o Concello da Estrada se
comprometa a:
1. Absterse de colaborar co
Estado israelí, as súas institucións públicas ou os seus representantes
oficiais no Estado español, en calquera proxecto de desenvolvemento agrario,
educativo, comercial, cultural ou de seguridade.
2. Absterse de contratar servizos
ou comprar produtos a empresas israelís ou empresas cómplices de violacións do
dereito internacional en Palestina.
3. Difundir a campaña BDS entre a
cidadanía e apoiala nos seus distintos ámbitos (económico, cultural, deportivo,
académico e institucional).
A Estrada, 10 de outubro
de 2016
Móvete califica ao Alcade de incompetente por non ser capaz de garantir o servizo dun ben de primeira necesidade, como é o normal funcionamento da rede de abastecemento da auga no casco urbano.
Hai un ano e pico Móvete presentaba unha moción onde instaba ao Goberno
Municipal a realizar, de xeito prioritario, as melloras na rede de
abastecemento da auga.
Aludíamos naquela ocasión ás continuas
averías na rede de abastecemento de auga, que habitualmente deixan aos veciños
da vila durante varias horas sen auga, dun xeito repentino, impedindo realizar
todo tipo de tarefas habituais e imprescindibles para as persoas, ademáis dos
danos que ocasiona nos negocios que ven limitada a súa actividade rutinaria”
.
Pois
ben, un ano e pico despois da presentación desta moción e tras as reiteradas
averías na rede de abastecemento da auga, que da servizo a todo o casco urbano,
o goberno municipal, liderado por José
López Campos, aínda non foi quen de poñer en marcha os arranxos necesarios para
solucionar, de xeito definitivo, os problemas dun servizo prioritario para o normal
desenvolvemento dxs veciñxs e dos negocios.
A primeira obriga dun goberno, co seu alcalde
á cabeza, é garantir a prestación dos servizos
de primeira necesidade, e de non ser así, non hai excusas que valgan. Se non
demostran capacidade para manter os servizos prioritarios de pouco sirven o
resto das promesas”. Móvete exixe ao Alcalde que teña respeto polxs veciñxs e
mostre algo de responsabilidade política no Goberno Municipal.
Móvete advirte ao alcalde que os problemas
non se solucionan mirando para outro lado. A irresponsabilidade deste goberno
chega a tal punto que parece que non lle importa nada pase o que pase. Levamos
dous anos sufrindo cortes de auga de xeito habitual e aínda non se tomaron
medidas. Cae un raio no Concello hai 6 meses e seguimos sen pararraios…
venres, 7 de outubro de 2016
O Concello solicita á Xunta que axilice os pagos e incremente as cuantías aos afectados por ataques da fauna salvaxe a iniciativa de Móvete.
No Pleno de onte, aprobouse unha moción a iniciativa de Móvete para INSTAR Á CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO a: Garantir
as indemnizacións que cubran a totalidade dos danos causados xabarín e
predadores nas explotacións agro-gandeiras; simplificar e axilizar o proceso
administrativo para o acceso ás mesmas; e traballar da man dos sectores
involucrados en estratexias de prevención de danos.
Ademáis, preguntamos polo “Polígono Sectorial do Moble” de Lagartóns.
Reclamamos un maior
servizo de limpeza en todo o recinto da praza da Feira e na zona dos pulpeiros.
E a colocación dun Punto de luz na zona do punto
limpio.
Agradecemos a colaboración do resto das forzas políticas nesta moción, que
xurde a iniciativa dunha moción de Móvete.
A necesidade desta moción xurde debido a que cada vez son máis habituais os
casos de danos que especies como o xabarín ou o lobo están a causar nas
explotacións agro-gandeiras do noso Concello. Os perxuizos sufridos polxs
propietarixs das explotacións non sempre son indemnizados na súa totalidade por
parte da administración competente (e cando o son, normalmente é con moita demora), afectando directamente ao sector
agro-gandeiro, que xa de por sí atópase nun momento crítico.
En definitiva, actualmente as cuantías establecidas para facer frente ás
indemnizacións son insuficientes ante o incremento dos danos causados por estas
especies.
Por isto, consideramos
importante INSTAR Á CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO para:
Garantir as indemnizacións que cubran a totalidade dos danos causados;
simplificar e axilizar o proceso administrativo para o acceso ás mesmas; e traballar
da man dos sectores involucrados en estratexias de prevención de danos.
Rogos e
Preguntas
1. Levamos pedindo en
diferentes ocasións a convocatoria dunha comisión informativa para coñecer cal é a situación actual do “Polígono Sectorial do Moble” e o que se pretende finalmente facer, se é
que se pretende facer algo concreto.
Hai 2
semanas, enterámonos pola prensa que se contratou un estudo para facer unha “adaptación do proxecto da Cidade do Moble”. Gustaríanos coñecer:
·
O custe que ten este estudo para a
adaptación do proxecto.
·
Que é o que se pretende con esta
adaptación.
· Coñecer se realmente existe unha
demanda de novas empresas para ubicarse neste suposto polígono.
·
Cantos cartos se levan gastado dende
que se empezou a falar deste proxecto da “Cidade do Moble”.
·
E, canto se prevé que costaría este
polígono nunha primeira fase?
Porque,
está ben falar de proxectos pero hai que ver se son viables. E neste sentido, creo
que é preciso recordar que no 2006 prevíase que só a primeira fase do
polígono costaría 33 millóns e medio de euros. O cal xa a todas luces
demostraba a súa inviavilidade, ao marxe do, por suposto, impacto
medioambiental que supoñía.
2.
Maior
servizo de limpeza en todo o recinto da praza da Feira e na zona dos pulpeiros.
Enganche de luz do tendido eléctrico na zona dos pulpeiros.
3.
Punto de luz na zona do
punto limpio, onde está a compactadora do lixo.
mércores, 5 de outubro de 2016
O Tribunal de Contas fiscalizará facturas do 2015, pagadas con reparo en contra do Departamento de Intervención, por un total de 3.680.312,08€
Móvete –movemento veciñal
estradense- destaca unha serie de cuestións que reflexa o propio informe de
intervención e a Memoria da Conta Xeral:
·
Móvete acusa ao
goberno de executar pagos ao marxe da legalidade e informa que as facturas pagadas, con informe en contra do
departamento de intervención, alcanzan a cuantía de 3.680.312,08 € (cuantía
elaborada tendo en conta só as facturas que forman parte das relacións que
superan os 50.000€, que son as que pasarán á fiscalización do T.C.). Móvete advirte da necesesidade de cumplir
a lei de contratos do sector público e acusa ao goberno de saltarse
constantemente a normativa.
·
Falta de información económica da Fundación Cultural, máis alá da xustificación da subvención nominativa
municipal de 140.000€ que vén recibindo cada ano. O propio informe de
intervención advirte do anómalo desta situación e Móvete reclama unha maior fiscalización a fin de garantir o cumplimento
estrito da legalidade.
·
Móvete apunta á falta de planificación, por parte do Concelleiro
responsable desta área, como causante do
retraso na aprobación da Conta Xeral, que debera estar xa aprobada segundo
o procedemento da súa formación e rendición.
·
Neste concello non se levan a cabo ás dotacións
para amortización do inmobilizado, debido á falta dun inventario posto ao día. Móvete advírte da necesidade de proceder á
actualización do inventario de bens a fin de posibilitar o eficaz control do inmovilizado.
·
Por capítulos de gastos, segundo a comparación das obrigas recoñecidas netas sobre os créditos definitivos dos exercicios 2014 e 2015 destacamos un
Incremento do Gasto:
- No capítulo 1: Gastos
de Persoal. Incremento o gasto nun 4,20%.
- No capítulo 2: Gastos
en bens correntes e servizos. Incremento do 5,50%.
- No capítulo 3: Intereses:
Incremento do 26,32%.
- No capítulo 6: Investimentos reais: cuia partida era de 4.916.636,59€, tan só
se executaron 2.466.720,41€, o 50,17%.
·
Móvete destaca que a
Conta Xeral reflexa que o Goberno Muncipial gastou durante o pasado ano un
total de 1.420.451,22€ na Partida de
“Estudos e Traballos Técnicos”. Cantidade excesiva para un orzamento coma o do
noso Concello.
xoves, 18 de febreiro de 2016
Móvete presenta no Concello da Estrada unha Moción na defensa da nosa lingua
Móvete presenta no Concello da Estrada
unha Moción na defensa da nosa lingua, o Galego. A moción pide que se cumpran as
recomendacións do Consello de Europa, e
solicita a redacción dun novo decreto para o uso do galego, que conte co
apoio social e político máis amplo posible. Móvete busca no Concello da Estraba a
unidade de tódalas forzas políticas estradenses.
Móvete presenta na Estrada a moción que
este luns daba a coñecer a Mesa pola Normalización Lingüística, e que a
nivel galego conta co apoio de case todas as formacións políticas con representación municipal e parlamentar
–todas agás o PP-.
Este
luns a Mesa pola Normalización Lingüística dou a coñecer a Moción coa intención
de que as diferentes organizacións políticas a presentaran nos diferentes
Concellos de Galicia. Naqueles sitios
onde sexan respaldadas, as mesmas serán logo enviadas ao
Consello de Europa. Na Estrada Móvete vén de rexistrala no día de hoxe.
Esta
moción é unha resposta ao conformismo e inacción do Goberno galego ante as
recomendacións e as conclusións do último informe do Consello de Europa. Nel, a
institución advirte que o decreto do
plurilingüismo reduce a presenza da lingua propia e entra en contradición coa
Carta Europea das Linguas, ademáis de pedir encarecidamente fomentar o idioma na escola e modificacións
legais que permitan o seu uso na xustiza e na administración. A moción
reclama que a Xunta faga efectivas as recomendacións do Comité
de Expertos e do Comité de Ministros do Consello de Europa, que insta a cumprir acordos internacionais como a Carta Europea das Linguas asinada polo Estado e que o faga
"elaborando un novo decreto para o uso do galego, que conte con amplo
apoio social e político. Namentres demanda que derogue aqueles
artigos do decreto 79/2010 que limitan o uso do galego".
Esta moción, iniciativa da Mesa, e presentada por Móvete no Concello da Estraba, busca tamén a unidade de tódalas forzas políticas estradenses para visibilizar que estamos
unidas procurando que o noso goberno cumpra cos compromisos colectivos e
internacionais sobre a lingua” e que “garanta plenamente a posibilidade que debe
ter calquera falante de desenvolver a totalidade da súa vida na propia lingua”.
A Estrada, 18 de
febreiro de 2015
A nova na prensa local: Faro de Vigo
xoves, 4 de febreiro de 2016
Móvete propón modificacións aos orzamentos do goberno local para o ano 2016
Móvete propón modificacións aos orzamentos do Partido Popular na Comisión
de Facenda, para que sexan a aposta decidida por un concello máis verde,
transparente, social e ao tempo xeradores de emprego de calidade, que A Estrada
precisa.
- Incrementar a partida reservada a servizos sociais ata
asegurar que todxs xs veciñxs teñen acceso aos recursos básicos —vivenda,
subministros de auga e electricidade—, e ao mínimo preciso para a
subsistencia en condicións dignas.
- Creación dun Plan Municipal de Emprego de calidade, onde
se concreten accións encamiñadas á posta en valor dos nosos sectores produtivos
como xeradores de emprego, e investimentos en
proxectos sostibles e respectuosos co entorno.
- Portal da transparencia e a participación cidadá.
- Reducir o gasto do Concello en consultoras
e traballos realizados por outras empresas.
A portavoz do Grupo Municipal de Móvete, Mar Blanco Casais, cualifica
estes orzamentos de continuistas respecto aos do ano anterior , e polo
tanto, seguen sen ofrecer solucións aos grandes problemas que teñen xs
veciñxs e o noso Concello.
Estes orzamentos
continuan sen garantir a cobertura das
necesidades básicas das persoas en situación de exclusión ou pobreza:
-Actualmente hai 240 familias que teñen que recurrir a Cáritas en busca
de alimentos e axuda para facer fronte ao pago de recibos, principalmente de
luz e aluguer. As partidas reservadas nesta proposta orzamentaria, son
claramente insuficientes para atender a demanda actual
- O concello destina 20.000 €
para o banco de alimentos; 20.000 € ao fondo de emerxencias e 30.000 € para
a reforma das casa-escolas para vivenda social.
Estas
cuantías amosan que a prioridade deste Goberno, non é eliminar ou diminuír o risco de que as persoas en
situación de desemprego vivan na pobreza e sexan vítimas da exclusión social.
Non é ético que a partida
reservada para “Prensa, revistas, libros e outras publicacións” (19.884,00 €) iguale na práctica á
reservada para o Banco de Alimentos Municipal, e se vexa amplamente superada
polos 51.493€ reservados para a partida de “Publicidade
e propaganda”.
Neste ámbito a proposta de Móvete pasa por incrementar
a partida reservada aos servizos sociais, ata asegurar que tódalxs veciñxs teñan
acceso aos recursos
básicos —vivenda, subministros de auga e electricidade— e a un mínimo de
subsistencia en condicións dignas.
Consideramos
que hai orzamento suficiente para
atender esta demanda, por exemplo equilibrando a partida orzamentaria destinada
para “Estudos e traballos técnicos” 1.591.303,00€
-obviamente excesiva e moi reveladora
das prioridades do Goberno Municipal se a comparamos co montante adicado a gasto social para
familias con escasos recursos-.
Para Móvete, o piar
fundamental que debera conter este documento na súa parte de
gastos (a maiores de recoller todos
os gastos correntes da administración local) é precisamente o gasto
social.
Móvete bota en falta o
que consideramos o outro piar fundamental, que é a creación dun Plan Municipal
de Emprego de calidade, onde se concreten accións encamiñadas á posta en
valor dos nosos sectores produtivos, como xeradores de emprego e investimentos
en proxectos sostibles e respetuosos co noso entorno.
Consideramos que a partida que o Concello reserva para o que
define como, “Subvencións fomento do
emprego e promoción económica”, orzamentada con 22.000 € non é suficiente
para fomentar a creación de emprego. E, sen embargo, hai outras partidas
orzamentarias cualificadas como “Gastos
Diversos”, orzamentadas con 450.000 €, os cales se poderían distribuir
eficientemente para levar a cabo esta
proposta de “Plan Municipal de Emprego” que propoñemos dende Móvete.
Outra proposta básica
presentada pola portavoz do Grupo de Móvete, é a concreción dos medios precisos
para crear un portal da transparencia e da participación cidadá.
Móvete tamén considera
necesario reducir os gastos do Concello pagados por traballos realizados
por outras empresas.
Neste caso temos, por exemplo, os 450.000€ que recibe Sogama polo tratamento de
residuos, cando deberíamos camiñar cara a reciclaxe de residuos orgánicos (tanto
polo aforro económico, coma polo impacto medioambiental positivo).
Outro exemplo de reducir os gastos municipais á vez que se promove utilizar a fontes de enerxía máis
eficientes e respectuosas co noso entorno, é sustituindo o alumeado público por
bombillas LED.
A Estrada, 03 de febreiro de 2016
xoves, 28 de xaneiro de 2016
Móvete pide explicacións sobre a adxudicación de obras no concello
Móvete solicita a convocatoria da Comisión
Informativa de Urbanismo dun xeito inmediato, coa finalidade de acadar unha
maior transparencia na adxudicación e certificación de obras, e para coñecer
os detalles das Certificacións de obras aprobadas na xunta de Goberno local,
celebrada o pasado 30 de decembro con carácter extraordinario e urxente.
Pedimos explicacións ao Goberno Municipal sobre a relación de
certificacións de obras aprobadas na xunta de goberno local do pasado 30 de
decembro, en particular sobre a
certificación da obra “Construcción de vestiarios no Campo de Fútbol de
Callobre”, e sobre a adxudicación da obra “Obras
no SX-D-1 (Estadio Municipal) A Baiuca”, que tivo lugar na xunta de
Goberno Local celebrada o pasado 11 de xaneiro.
Vista a acta da xunta do Goberno
local e consultado o expediente da obra “Construcción de vestiarios non campo de
fútbol de Callobre”, a portavoz do Grupo Municipal de Móvete, Mar
Blanco Casais, esixe coñecer os
argumentos do grupo de goberno para aprobar un proxecto técnico elaborado
polo propio Concello, no que se orzamenta esta obra en máis de 170.000€.
Dende Móvete consideramos que non queda o suficientemente claro a
xustificación de tal inversión na obra feita por Bamarti. Se ben é unha
obra importante e necesaria para o normal desenvolvemento das actividades
deportivas do fútbol club Callobre, sen embargo semella contar cun orzamento
excesivo para unha obra de ese tipo, e
por tanto, en aras dunha maior transparencia, solicitamos a
convocatoria da comisión informativa de urbanismo.
Móvete esixirá tamén na mesma comisión, unha explicación sobre a viabilidade da obra “Obras no SX-D-1
(Estadio Municipal) A Baiuca. Na xunta de goberno local celebrada o
pasado 11 de xaneiro, o goberno adxudicou o contrato da obra por importe de 404.297.30€ a Construcciones y Proyectos
Abilleira S.L. Segundo o expediente, esta empresa cumpre coas melloras
previstas nos Pregos, executando dita obra en 29 días. Consideramos que é
importante coñecer como se van realizar as obras para que nese período de tempo
se poida levar a cabo con éxito a urbanización de dita zona.
A Estrada, 27 de xaneiro
de 2015
A nova na prensa local: Faro de Vigo
domingo, 24 de xaneiro de 2016
Móvete emprende unha campaña a favor da compostaxe
Móvete
–movemento veciñal estradense- lamenta as declaracións do alcalde
da Estrada nas que manifesta a súa oposición á “reciclaxe de
residuos orgánicos” e nas que amosa unha fonda ignorancia do tema
ao calificala de “voltar á época das corredoiras”.
Móvete
queremos anunciar que emprenderemos no noso concello unha campaña de
información á cidadanía para explicar os beneficios de reciclar e
deste xeito adquirir o compromiso de participación dos veciños.
As
declaracións feitas por José López demostran unha total
ignorancia sobre a reciclaxe de residuos orgánicos, tanto dende
o punto de vista do impacto medioambiental e económico, como dende o
punto de vista legal. A compostaxe é un proceso de transformación
da materia orgánica para obter compost, un abono natural. Esta
transformación lévase a cabo en calquera casa ou zona comunitaria
mediante un compostador, sen ningún tipo de mecanismo, motor ni
gasto de mantemento.
As
principais razóns polas que dende Móvete defendemos a importancia
de apostar pola reciclaxe de residuos orgánicos, e que o
alcalde da Estrada descoñece, son as seguintes:
-
Razóns ambientais: contribuiremos a reducir a contaminación.
-
Aforro de recursos ao transformar a materia orgánica en compost.
-
Mellora da calidade do solo grazas a este compost seguro e de calidade.
-
A reducción dos biorresiduos en depósitos controlados e plantas.
-
Disminución da emisión de gases implicados no efecto invernadoiro.
-
Canto máis cerca aproveitemos os restos orgánicos máis se reducirá o consumo de combustibles para o transporte, haberá menos acumulación de desfeitos en vertedoiros e contribuiremos a unha notable reducción de sustancias tóxicas e gases nocivos; e por suposto tamén evitaremos a contaminación producida ao queimalos.
-
-
Razóns económicas: Aforrar cartos públicos e dos veciños.
-
Levar os residuos orgánicos a vertedoiros e a plantas ocasiona un canón de residuos moi alto, que no caso da Estrada o Concello estalle pagando a Sogama. Se destinamos gran parte dos nosos residuos ao compostaxe poderíamos reducir nun portecentaxe moi algo o que actualmente lle estamos pagando a Sogama.
-
A implantación do compostaxe comunitario aforraría aos concellos ata uns 40-45 euros por familia e ano.
-
Este abaratamento suporía que o goberno municipal podría dispoñer dunha maior liquidez para destinar a outros obxetivos, xa que neste momento o tratamento do lixo resulta un servizo totalmente deficitario.
-
O lixo diario que se xenera nos fogares contén un 40-50% de materia orgánica, que pode ser reciclada e retornada á terra en forma de humus para as plantas e cultivos. De cada 100 kilos de basura orgánica obtense 20-25 kilos de compost. Deste xeito aforraremos en fertilizantes e sustratos, xa que os teremos gratis e serán de gran calidade (sen elementos químicos).
-
-
Razóns Legais: Cumplir a normativa.
-
A Directiva 2008/98/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de novembro de 2008 sobre os residuos establece as seguintes orientacións: Potenciar a recollida de biorresiduos con vista á compostaxe e á dixestión dos mesmos; Potenciar o tratamento dos biorresiduos; Promover o uso dos materiais seguros a partir dos biorresiduos.
-
En España, a lei 22/2011, de 28 de xullo, de residuos e solos contaminados establece un artigo específico. Artigo 24. Biorresiduos. As autoridades ambientais promoverán plans e programas de xestión de residuos para impulsar: A recollida separada de biorresiduos para compostaxe o dixestión anaeróbica; Compostaxe doméstico e comunitario; tratamento de biorresiduos recollidos separadamente; O uso do compost seguro producido a partir de biorresiduos no sector agrícola, a xardinería ou a rexeneración de áreas degradadas.
-
O
próximo 1 de febreiro remata o prazo para participar no Plan de
Compostaxe Comunitario posto en marcha pola Deputación de
Pontevedra, dentro do cal o organismo provincial faríase cargo da
compra e instalación dos compostadores comunitarios nos Concellos
que o solicitaran. Dende Móvete lamentamos que o goberno municipal
non solicitase que A Estrada se integrara nesta primeira tanda de
centros de compostaxe comunales, e esperamos que a través da
campaña informativa que levaremos a cabo, obteremos o apoio dos
veciños para participar nunha próxima convocatoria, que segundo
información da propia Deputación, será neste mesmo ano.
A
Estrada, 21 de xaneiro de 2015
A nova na prensa local: Faro de Vigo La Voz de Galicia
xoves, 21 de xaneiro de 2016
Móvete denuncia a desidia e a opacidade do Goberno Municipal na elaboración dos orzamentos municipais
Móvete denuncia a desidia e a opacidade
do Goberno Municipal na elaboración dos orzamentos municipais. Hai un mes que
deberían estar aprobados, e os partidos da oposición nin sequera tivemos acceso a eles.
É unha mágoa que non se empreguen os orzamentos públicos – que
reflicten de xeito fidedigno as prioridades económicas e sociais dun goberno-,
coma unha ferramenta de avance na construcción de espazos democráticos de
participación na toma de decisións.
Móvete lamenta que o goberno local aínda non comprenda que a economía
actual esixe, cada vez máis, a análise e
a transparencia á hora da elaboración dos orzamentos públicos. Botamos en falta
que o Goberno implique á oposición na elaboración dos orzamentos, canto menos a
xeito de consulta, o mesmo que debería facer co resto dos axentes sociais
Dende Móvete denunciamos que o Goberno Municipal non se cinga ao estipulado
na lexislación actual e incumpra os prazos establecidos para a elaboración do documento
que recolle os gastos que como máximo poderá realizar o Concello, e os ingresos que prevé obter para o próximo
2016.
A lexislación obriga a que os
orzamentos estean aprobados definitivamente antes do 31 de decembro do ano
anterior, polo tanto o orzamento do ano 2016 debería estar aprobado
definitivamente como moi tarde o 31 de decembro de 2015. Dende Móvete pedímoslle ao Goberno que non esperen máis en convocar a
comisión de Facenda para que a oposición poidamos ter acceso ao documento
orzamentario que teñan avanzado; para
que a oposición teñamos a oportunidade de facer propostas para mellorar o
documento orzamentario; e para coñecer os motivos do retraso na elaboración do
mesmo.
A Estrada, 21 de xaneiro
de 2015
A nova na prensa local: Faro de Vigo La Voz de Galicia
martes, 19 de xaneiro de 2016
Moción de Móvete alertando da proliferación de especies forestais invasoras
Móvete rexistra unha moción no Concello
da Estrada para o seu tratamento en Pleno, co fin de que éste inste á Xefatura
Territorial da Consellería de Medio Rural, a que vixíe e denuncie a creación de
plantacións de especies forestais, algunhas delas moi invasoras (eucaliptos),
en terreos agrícolas.
Actualmente, estanse a
permitir no noso concello a creación de plantacións de especies forestais, algunhas delas moi
invasoras (eucaliptos), en terreos agrícolas, sen que por parte
da Administración Autonómica, responsable de facer respectar esta lei, se tomen
medidas de xeito ordinario.
Temos que evitar que
empeoren as perspectivas de produción e recuperación do sector agrogandeiro do
noso concello, impedindo a desaparición de terreos aptos
para producións agrícolas, hortícolas, frutícolas, gandeiras, etc
Tomamos como base legal para denunciar estos feitos a “lei 7/2012 de 28 de xuño de 2012, de Montes de Galicia” que regula,
entre outras cousas, o cambio de uso do solo ou mellor dito, o cambio de actividade agrícola a forestal no artigo
61.
Este artigo (61) concretamente di:
“Soamente os terreos rústicos de uso agrícola en estado de manifesto
abandono e que estean adscritos a un banco de terras agrarias ou instrumento
semellante, por un período de polo menos dous anos, se poderán forestar, logo
de comunicarllo á Administración forestal, cando cumpran algún dos seguintes
supostos:
a) Que estremen con terreos forestais, cando
se utilicen frondosas caducifolias.
b) Que constitúan enclaves de ata 5 hectáreas
en superficie arborada, utilizando frondosas caducifolias.”
O Grupo Municipal de Móvete
do Concello da Estrada, presenta para a súa consideración e aceptación polo
Pleno Municipal o seguinte ACORDO:
Instar á
administración competente, neste caso a Xefatura Territorial da Consellería de
Medio Rural (Art.54), a que vixíe e denuncie este tipo de actuacións, e fagan
respectar a lei sen ter que esperar a que haxa unha denuncia particular como ocorre
na actualidade.
A Estrada, 18 de xaneiro
de 2016
A nova na prensa local: Faro de Vigo La Voz de Galicia
luns, 29 de xuño de 2015
Manifesto de Móvete polo día internacional do orgullo LGBTI
![]() |
| Lectura do manifesto na Alameda |
O pasado 28 de xuño, día internacional do orgullo lgbti, móvete leu no parque da Alameda estradense o seguinte manifesto a prol da igualdade, a tolerancia e a non discriminación entre as persoas.
Hoxe, 28 de xuño, non é un día máis. Hoxe celébrase o Día Internacional do Orgullo de Lesbianas, Gais, bisexuais, transexuais e intersexuais, acompañado neste ano por grandes novas: a aprobación antonte do matrimonio homosexual nos Estados Unidos, fai apenas un mes en Irlanda, e o décimo aniversario da aprobación do matrimonio igualitario no estado español.
Son tempos de avances e de conquistas sociais, sen dúbida. Sen embargo, a grave crise económica que leva padecendo Galiza, España e Europa facilita que as elites conservadoras poidan desdeñar e apartar os dereitos das persoas alegando que o importante agora é recuperar primeiro a economía.
Neste senso, debemos ter ben presente que os recortes sociais perpetrados polo goberno do PP no ámbito dos dereitos laborais e sociais nos últimos catro anos, afectan de forma significativa a lesbianas, gais, transexuais e bisexuais, ao sumarse estas situacións de precariedade ás discriminacións que aínda lamentablemente se producen no ámbito do emprego e no acceso a bens e servizos por parte deste colectivo. Situacións intolerábeis ás que o PP responde con silencio e desprezo, cando non as apoia abertamente. Este é o Partido Popular do ano 2015 despois de cristo.
A esquerda real leva longo tempo traballando para frear a intolerancia da caverna conservadora. Con todo, as situacións de intolerancia seguen tendo lugar, auspiciadas polo discurso homófobo da dereita, aquela que non fai moitos anos quixo prohibir o dereito ao divorcio para acabar facendo uso del – tanto ou máis ca esquerda – e que agora, graciosamente, tamén fai uso do matrimonio homosexual, aínda que haxa dirixentes conservadores que continúen escondendo a súa sexualidade. As situacións de discriminación son aínda máis perigosas nos pobos e vilas, xa que os pequenos núcleos poboacionais que as sofren son precisamente os máis vulnerábeis a exclusión.
Ante esta situación, Móvete ve necesario lembrarlle ao Partido Popular da Estrada que os homosexuais, lesbianas, bisexuais e transexuais non existen so na televisión e nas grandes urbes, senón que tamén residen nos pobos e nas vilas. Por iso, denunciamos o evidente desamparo que sofre este colectivo na Estrada, xa que xamais o Partido Popular estradense fixo tan sequera mención a súa existencia nin puxo en marcha campañas ou actos de sensibilización a cidadanía para frear a homofobia que si ten existido e existe nesta vila.
Cada dereito conquistado, señor López, é o resultado do sacrificio de persoas anónimas que avogan por ensanchar as fronteiras da tolerancia e facer retroceder o escarnio. É necesario facer da Estrada un pobo máis decente, que non humille aos seus membros, porque a victoria da liberdade é un triunfo para todos.
Hai que mirar para adiante, porque para atrás xa temos mirado demasiado. A maior revolución que podemos facer é cambiarnos a nós mesmos, porque o amor non entende de distincións, e cando este gaña, facémolo todos.

MOVÁMONOS POLA IGUALDADE E A TOLERANCIA!
A nova na prensa local: Faro de Vigo
xoves, 30 de abril de 2015
Móvete denuncia públicamente presións por parte dos partidos políticos con representación municipal para a retirada das bandeirolas publicitarias
Móvete ven de colocar en días pasados unha vintena de bandeirolas con diferentes mensaxes (…Din que todxs somos iguais,….Din que o Concellos somos todxs; Dalle vida ao teu Concello) e tras a ameaza de denuncia por parte dos partidos políticos con representación municipal, segundo fontes do Concello e aludindo a unha ordenanza municipal, procedeuse á súa retirada.

Dende móvete valoramos esta medida como pouco ou nada democrática, tendo en conta que a partir do día 8 de maio, comezo da campaña electoral, estes tres partidos son os que se repartirán o 96% do espazo municipal ofrecido para a colocación oficial de publicidade electoral, reparto que a día de hoxe xa teñen acordado entre eles.
Dende móvete pedimos que ese reparto, feito en base á lei electoral que distribue o espazo publicitario en función dos últimos resultados electorais municipais, se modifique baixo o amparo de esa mesma lei, para que mediante acordo entre tódalas formacións políticas que concorren a estas eleccións municipais, se acade un reparto máis xusto.
De non ser así, móvete ou outras organizacións sen representación non terían garantidas as mesmas posibilidades de visibilidade durante a campaña electoral.

mércores, 29 de abril de 2015
Proposta de móvete no caso da privatización do Rexistro Civil
Toda a cidadanía deberíase de opoñer á privatización do Rexistro Civil, que non ten sentido ningún agás enriquecer a uns poucos a costa da inmensa maioría. No caso de que se levase a cabo dita privatizáción as institucións municipais deberán velar para que ningún cidadán quede sen acceso gratuíto ao Rexistro Civil, é por iso que Móvete recolle no seu programa electoral a posibilidade de usar a Estrada Dixital para habilitar un servizo de xestión online dos distintos trámites rexistrais.
Como é ben sabido o goberno do PP decidiu privatizar os Rexistros Civís para que sexan os Rexistradores Mercantís os que os xestionen, ante a oposición que están atopando dende moi diversos sectores a medida vaise retrasar, pero o perigo segue aí. Aínda que poida levar a confusión polo parecido do nome, o rexistro civil e o rexistro mercantil non teñan nada que ver, o rexistro civil é un organismo totalmente público cuxos únicos traballadores son funcionarios da Administración de Xustiza e que se encarga de maneira totalmente gratuíta de cousas tan fundamentais para a vida diaria dunha persoa, como é inscribir un nacemento, un matrimonio, un divorcio, unha defunción, ou unha fe de vida para unha pensión, tamén realizan trámites relativos á obtención da nacionalidade.
Pola súa banda os Rexistros Mercantís son levados por un rexistrador mercantil que é un empresario como outro calquera só que ao pasar unha oposición pública asígnaselle unha zona onde exercer a súa función, do mesmo xeito os seus honorarios están suxeitos a uns aranceis, e os traballadores que contratan son empregados laborais como os de calquera outra empresa. En principio xa hai unha clara desvantaxe para o cidadán estradense, como é que posiblemente o que vai xestionar o Rexistro Civil da Estrada sexa un rexistrador mercantil de Vigo ou Pontevedra, polo que un servizo moi próximo ao cidadán pasa a estar a moitos quilómetros de distancia. Por outra banda os servizos do rexistro civil son totalmente gratuítos. Dende o goberno dise que se vai manter a gratuidade, mais isto só é un subterfuxio porque evidentemente os rexistradores mercantís non van facer un traballo sen cobrar nada. Así existe unha sospeita moi fundada de que os rexistradores mercantís van a percibir ingresos de tres maneiras: incrementando o goberno os aranceis do que cobran polos servizos propios do rexistro mercantil, asignándolle unha partida dos Orzamentos Xerais do Estado para compensar o traballo que lles produza a labor rexistral civil, e finalmente suponse que tentarán poñer algún tipo de taxa polo que agora era gratuíto. Polo tanto ao final directa ou indirectamente vai a existir un lucro económico para uns poucos e un custo a pagar pola inmensa maioría da poboación.
Por outra banda, a parte do custo, está o feito de que xa se está insistindo por parte da Administración que as tramitacións se van a poder facer a través de internet para así tentar solapar as críticas á perda de proximidade do servizo. De feito hoxe en día na web do Ministerio de Xustiza xa en teoría se pode facer no seguinte enderezo: https://sede.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Sede/es/tramites , sen embargo na práctica é un trámite bastante complexo xa que piden ao usuario en ocasións usar a firma electrónica e noutras datos tales como tomo, ou libro do Rexistro Civil que case ninguén coñece, polo que ao final para calquera cousa hai que dirixirse ao propio Rexistro Civil ou ben enviar un email ao mesmo explicando o que se quere pedir ou facer. Ademais está o feito de que moita poboación na Estrada non está afeita ao uso deste tipo de tecnoloxías polo que vai existir un segmento amplo de poboación que vai ter que recorrer a todo tipo de profesionais como xestorías, avogados, etc para que levar a cabo uns trámites sinxelos e gratuítos, que por suposto van ter que ser cobrados por estes profesionais.
Finalmente na Estrada aínda existe un feito que agrava todo o anteriormente descrito, como é que recentemente a Administración contratou unha empresa privada, e polo tanto pagada por todos, para que procedera á dixitalización de moitos dos datos do Rexistro Civil, o que facilitou moito o traballo dos funcionarios. Pois ben dese traballo de dixitalización pagado por todos os cidadáns vaise aproveitar finalmente unha empresa privada como é un Rexistrador Mercantil.
Deste xeito toda a cidadanía se debería opoñer a esta privatización que non ten sentido ningún agás o enriquecer a uns poucos a costa da inmensa maioría. Pero para o caso de que se levase a cabo dende as institucións municipais deberíase velar para que ningún cidadán quede sen acceso gratuíto ao Rexistro Civil. Neste sentido, móvete, recolle no seu programa electoral a posibilidade de usar a Estrada Dixital para habilitar un servizo de xestión online dos distintos trámites rexistrais polo que os mesmos poderían ser realizados por persoas que non teñan un bo manexo das novas tecnoloxías co auxilio dun profesional da dita entidade. De feito xa hai un antecedente a este tipo de servizo, posto que A Estrada Dixital facilita a tramitación do certificado dixital de todos os estradenses persoas físicas que o soliciten nas súas oficinas.
A nova na prensa local: Faro de Vigo
luns, 27 de abril de 2015
Móvete presenta a súa candidatura no Teatro Principal da Estrada
O pasado domingo 26 de abril, móvete-Movemento Veciñal Estradense, presentamos no emblemático Teatro Principal da Estrada a candidatura coa que concorreremos as vindeiras eleccións municipais de maio de 2015.
Cun lucido e animado patio de butacas, durante aproximadamente unha hora e coa inestimable presentación de Pablo Chichas, visionamos un vídeo no que a nosa cabeza de lista desgranou parte das propostas de móvete para A Estrada e xs integrantes da candidatura foron presentadxs e xuntarónse todxs enriba do escenario, momento que aproveitaron Mar Blanco, Adán Fernández, Lorenzo Chedas e Lara Blanco para dirixirse ao público asistente, deixando claro que este non é un movemento xerárquico nin vertical, senón un grupo de persoas traballando en pos dun obxectivo común no que todxs e cada unha delas son tan importantes coma a que máis.
Para finalizar Esquíos interpretaron o tema "Móvete", que contara cunha versión que irá incluída no seu próximo disco, e que puso un broche final a un acto áxil e directo que a prensa local non dubida en tildar de diferente, coma diferente ao resto de partidos é móvete.
Móvete nace froito do descontento da xente do noso Concello coa xestión municipal que uns partidos e outros están a levar a cabo nas últimas décadas e que o único que consiguen é afondar cada vez máis A Estrada no buraco do atraso económico, do abandono do rural, e da falta de oportunidades e servizos en xeral…
Os partidos que gobernaron a Estrada (evidentemente cada un coa sua cuota de responsabilidade) nunca tiveron un plan de desenvolvemento económico para o Concello, se non que todo o contrario, eles mesmos foron permitindo por acción ou omisión que se fose desmantelando o texido empresarial que había. A Estrada década tras década foi perdendo o tren das posibilidades. Senon como se explica que no ano 1960 o noso Concello tivera unha poboación de case 28.000 persoas e dende os anos 90 non paremos de perder poboación sendo actualmente 21.000 escasos??? (incluso no 1900 A Estrada tiña máis habitantes que os que ten agora).
Os Partidos e os seus representantes locais non estiveron a altura das necesidades dos veciños e preferiron apostar pola política amiguista antes que traballar por un concello onde todxs tivéramos posibilidades de traballar e vivir con dignidade.
Digo isto de traballar e vivir con dignidade porque no noso concello atopar un traballo é un milagre, e atopar un traballo que te permita ter un salario digno (para comer, vestir, pagar facturas, vivenda…) e máis milagre todavía. Incluso os que xa teñen unha idade e viven da súa pensión –que maioritariamente son as mínimas- máis lles vale non necesitar dos servizos sociais para os coidados diarios, porque son escasos e non garanten calidade no servizo.
Das persoas sen recursos que están directamente condenadas á caridade será mellor non falar!! Pois non falemos pero recordemos todxs que teñen fame!! Fame, frío, pena e deseseperación… Porque non fai falla mirar para outros países (ainda que tamén temos que mirar e escoitar no que pasa noutros lugares do mundo) para ver como na Estrada hai veciñxs que pasan necesidades.
E que se fixo dende o goberno municipal para rematar e solucionar esta situación, máis alá de continuar cos enchufismo a amigos, recortes en servizos sociais, e derroches en abortos de obras faraónicas??? Nada, non se fixo nada, nin se vai facer… tanto é así que nin pasan o esforzo en inventar mentiras novas, copian directamente as “promesas-mentiras” de hai catro anos e sóltanas de novo a ver se aínda colan…En definitiva, todxs nós somos da Estrada e de unha ou outra maneira sabemos o que hai….
Ante esta situación, que por outro lado non é exclusiva da Estrada, e que nos levou ao descrédito dunha clase política estática e desconectada do pobo, a cidadanía decide que ten a capacidade para gobernarse a sí mesma sen intermediarios que antepoñan o seu interese particular sobre o xeral.
A raíz disto, xurde esta iniciativa plural e de esquerdas que na Estrada ten o nome de móvete-movemento veciñal estradense, impulsada e conformada por persoas que na súa maioría non pertencen a ningunha organización política pero si teñen ideoloxía de esquerdas e si están comprometidas na creación dun proxecto transformador para o noso concello. Esta iniciativa conta co apoio das forzas de AGE con representación municipal, Anova-Irmandade Nacionalista e Esquerda Unida. Polo tanto, debemos decir que móvete consigue aglutinar todo o espazo da esquerda real disposta a traballar dunha maneira decidida e coherente para mellorar a vida da xente do noso Concello.
Móvete e o equipo de persoas que forman a súa candidatura son fundamentalmente persoas novas e preparadas en diferentes ámbitos relacionados coas competencias municipais, porque é fundamental que sexa esta xente xoven, preparada, responsable e con gañas de traballar con ilusión, a que se encarge de abrir este novo camiño que temos por diante para cambiar o curso dos acontecementos. Camiño que sempre irá da man da humildade, a honestidade, a valentía, a responsabilidade e o esforzo.
O noso compromiso cxs veciñxs da Estrada plasmarase nun programa electoral que fixemos coa implicación dos diferentes sectores representativos do concello, e este será a nosa folla de ruta para os vindeiros 4 anos. Vindeiros anos que como explicamos no vídeo estarán marcados polo dinamismo, pola inversión en proxectos sostibles e respetuosos co noso entorno, pola posta en marcha de políticas dirixidas a crear emprego de calidade; por poñer en valor os noso sectores produtivos, o noso potencial humano, a nosa lingua, a nosa cultura, por priorizar as políticas sociais; por unha xestión transparente e eficaz; por un Concello máis democrático, transparente, plural e con máis oportunidades.
En definitiva, presentámonos ás eleccións municipais para construír un Concello ao servizo de todxs e, para iso, utilizaremos a política como a arte de facer posible o necesario.
Pero non queremos esperar a estar no Concello para demostrar que somos diferentes ao resto dos partidos que se presentan as próximas eleccións municipais. É obvio que o somos e como tal queremos demostralo dende xa! Queremos aproveitar estas semanas que restan ata o 24 de maio para que a xente que aínda non nos coñeza sepa que nós somos parte deles, persoas preparadas, con ilusión e con gañas de traballar para o beneficio de todxs.
Por tanto o noso compromiso é exclusivamente cxs veciñxs e a nosa máxima prioridade é o benestar da cidadanía e o interese xeral da mesma, por iso todas as nosas actuacións irán na procura dese obxectivo dun xeito transparente e claro.
Nesta senda, para continuar sendo independentes e non estar atados a intereses empresariais (pois ben sabemos o que iso supón á hora de formar parte da corporación municipal) renunciamos ás aportacións que poidan vir de parte do texido empresarial e o acceso a créditos bancarios como forma de financiamento da campaña electoral.
Só aceptamos aportacións de persoas físicas porque a nosa lealtade está coa cidadanía. De tal xeito que só co esforzo dxs veciñxs poderemos facer unha campaña gañadora e sen deberlle nada a ningunha entidade que poida comprometer a nosa independencia.
Con todo, a nosa campaña será diferente, de feito xa o está sendo, básicamente froito do noso traballo, capacidade e ilusión!! Todo o material de campaña, as ideas, os diseños… son producto do nosa cabeza e das nosas mans, (cando digo nosas non me refiro só a nosas, aos que estamos aquí, tamén a moitos dos que estades aí: especialmente a Esteban que nos axuda con todo o material audiovisual e aos compoñentes de Esquios, creadores do tema móvete, a todos aos que estades emigrados e nos mandades folgos polas redes sociais, pero tamén aos técnicos do teatro que fan que este acto sexa posible).
Un feito que nos diferenza das outras opcións políticas é a maneira de darnos a coñecer- a nosa primeira acción foi por en marcha unha campaña que lle chamamos “móvete pola solidariedade alimentaria” e nela colaboramos todxs. Colaboran tódalas froiterias de A estrada e as tendas do rural poñendo a disposición dos clientes un caixón móvete para depositar alimentos que nós recollemos.
Colabora Cáritas que reparte estes alimentos entre a xente que o precisa. E colaboramos tódolos veciños do Concello depositanto alimentos nos caixóns móvete. Pois esta iniciativa coa que comenzamos a nosa andaina para darnos a coñecer permítenos facelo á vez que axudamos aos demáis!!
Porque aínda que todxs sabemos que a caridade non é a solución –a solución é crear postos de traballo digno para a xente- é prioritario axudar a quen o está a pasar mal e nós non queremos esperar a ter responsabilidades de goberno para mellorar a vida da xente, queremos facelo xa!
E xa podémolo facer con iniciativas como esta, e coma sempre e como todo, coa axuda e implicación dos veciños. Só un dato máis sobre esta iniciativa, puxémola en marcha o 30 de marzo, levamos un mes con ela, e nun mes a xente da estrada donou media tonelada de solidariedade principalmente en forma de froitas e verduras. Grazas a todxs e seguimos recollendo!
É moi importante para móvete- para movemento veciñal estradense darse a coñecer por todo o concello, a xente da Estrada ten que saber que é móvete; Ten que coñecer quen somos xs candidatxs de móvete; ten que coñecer as propostas de móvete, ten que implicarse na campaña de móvete para que sexa a campaña dxs veciñxs e que poida servir para que a partir do 24 de maio poñamos en marcha a construcción dun Concello ao servizo de todxs!!!
Moitas grazas!!!
Discurso de Lorenzo Chedas Redondo:
O tempo remata.
É o momento de botar a andar con esperanza. Con toda a ilusión esnaquizada e que é
preciso recuperar xunto con todos os sonos dos que fomos despoxados. Afortunadamente,
non estamos sos nesta tarefa. A sociedade de hoxe conta con mozos e mozas
preparados, críticos e dispostos a afrontar a deriva actual sen deixarse amedrentar por
todos aqueles expertos en sumir ao noso pobo nesta longa noite de pedra.
Os culpábeis coñecémolos ben pero nunca está de máis facer memoria: é esa dereita
empodrecida e conservadora que leva dende a súa mesma xestación buscando o seu
propio beneficio, enchendo os seus petos a costa de oprimir aos de sempre. Non debemos
esquecer que a élite que nos goberna hoxe, igual de rancia e déspota, son descendentes
directos da estirpe que executou o período máis escuro da historia do noso pobo. E é por
iso que o pasado hai que telo ben presente, xa que a historia sempre se repite.
Nos últimos anos, todos nós asistimos con perplexidade ao definitivo desmantelamento do
estado de benestar. Cando a mal chamada centro- esquerda – e peor aínda auto nomeada
“socialista e obreira”- comezou a interiorizar os vicios e formas propios da dereita, a
esperanza de recuperar a nosa dignidade como sociedade, perdeuse. Peor nos foi cando a
dereita recuperou o poder e os resultados fican ben visibeis ante nós, ainda que o futuro
semella bastante peor.
Somos nós, a mocidade, a que deberemos afrontar as consecuencias de todas e cada
unha das políticas de recortes económicos e de liberdades orquestradas polo Partido
Popular. No eido do ensino, os graves recortes afectan, como non podía ser doutra
maneira, aos fillos dos traballadores. Temos que escoitar día tras día como nos intentan
facer crer que o sistema non é sostible, todo isto mentres nos afogan con máis e máis
impostos para pagar con eles as súas festas e excesos. A educación - e tamén a sanidade
- penden dun fío, iso si: a banca sálvase, pra ela si que hai cartos.
Así, nestes tempos tan poucos proclives pra o optimismo podemos contemplar como a
xeración máis preparada da historia é unha das que vai dispor de menos oportunidades. O
paro xuvenil, que afecta a máis da metade dos mozos e mozas, obríganos a facer as
maletas e a marchar na busca dun traballo onde demostrar todo o aprendido tralo noso
esforzo e o das nosas familias. Se xa nas grandes cidades o panorama é pouco
esperanzador, peor o temos nos pobos e vilas, onde as posibilidades de atopar un traballo
son practicamente nulas. O caso da Estrada non é, dende logo, unha excepción.
Falemos claro: ¿Conta a mocidade para o goberno do Partido Popular da Estrada? Clara e
rotundamente non, do mesmo xeito que non o fai no resto dos feudos onde goberna. A
xuventude sobrevivimos neste pobo non só sen ningún tipo de apoio institucional que nos
axude a labrar un futuro ao carón dos nosos, senón que soportamos a desidia dun goberno
que non se preocupa en aportar propostas de lecer e culturais máis aló de traer á volta
ciclista a España como dubidosa estratexia de promoción ou construír un campo de fútbol
de céspede artificial pra pagarlle os favores a Louzán, fillo predilecto desta vila. Xa saben,
o de sempre: a vella política de inauguracións e foto na prensa cun amplo sorriso cando
as eleccións están a piques de ter lugar. As preocupacións, os problemas e as verdadeiras
necesidades dos estradenses poden esperar.
Ante esta realidade, cabe preguntarse que fixo o Partido Popular da Estrada en prol da
mocidade nestes últimos catro anos. Digo máis: que fixo este goberno nestes catro anos?
Por todo isto, dende Móvete queremos que a mocidade, como compoñente crucial da
sociedade, conte. Para nós, a xuventude é un pilar fundamental, en tanto que o mañá está
nas nosas mans. Loitemos para que A Estrada sexa un pobo con futuro e fagámolo
sempre seguindo o camiño da esquerda que é polo que se conquistan as liberdades e os
dereitos. Naveguemos sempre tendo en conta estes principios, ou nos afundiremos sen
eles.
O tempo remata para algúns pero comeza para nós. Fagamos que A Estrada conte.
Discurso de Adán Fernández:
Bos dias a todos. Para os que non me coñezan presentome: Son Adán Fernández Guerra,
teño 27 anos, son estradense, traballo de enfermeiro no SERGAS desde o ano 2008, e formo parte
da candidatura de movete para gañar as eleccións municipais da Estrada.
Se estou hoxe aqui, e nin máis nin menos, que por culpa da clase politica deste país e da
precaria situacion económica e social a que estes nos levaron. Porque desde logo, eu non tiven nada
que ver nin ca burbulla inmobiliaria, nin co desmantelamento do estado de benestar, nin ca débeda
do estado.
Ninguén dos que estamos aqui somos culpables diso Pero iso non quere dicir que non
teñamos a responsabilidade de mellorar esa situacion. Ningún dos culpables o vai facer por nós.
Nos somos os que estamos obrigados a revertir esa situación. E se hai algun xeito de que unha
persoa da rua poida mellorar esta situación na vila onde vive, e desde dentro do concello. E e
evidente que non podemos confiar nos políticos de sempre, porque o resultado sería o mesmo de
todalas eleccións. Tanto uns coma outros gobernan en favor de empresas, amigos e baixo a mirada
das direccións dos seus partidos políticos.
Por esta razón, cando me propuxeron formar parte de Movete, non dubidei en entrar no
proxecto. Non estou atado a ningun partido político. Non estou obrigado a dicir unha soa palabra
que non pense. Ninguén me intenta pechar a boca para que non exprese as miñas ideas.
Absolutamente en todas as reunións nas que estiven, todos os membros de Movete falaron por
igual.
Todos os membros aportamos a nosa pequena parte de conecemento e ideas para darlle a
Estrada as melloras que necesita. E todos estamos comprometidos cos principios de transparencia e
anticaciquismo que tanto perxudican os cidadáns máis humildes. Estas características son as dun
movemento veciñal, plural e aberto a todos os veciños da Estrada. Movemento que ten a intención
de mellorar o concello, desde o rural ata o casco urbano, para todos os cidadáns, e todos podedes
formar parte.
Abonda xa de campos de fútbol, abonda xa de prazas de abastos, abonda xa de ladrillo que
non vai ser usado. E hora de construir un concello basado na xente, nos seus veciños, e non en
edificios baleiros. A Estrada necesita moverse.
A Estrada necesita que a xente desfrute das oportunidades que ofrece. Desde o Concello
moveremos A Estrada para os nenos, a xuventude, pais, os nosos maiores... para todos. Desde o
concello protexeremos as persoas e non as grandes empresas.
Para finalizar a miña breve intervención, vou a citar a un cantautor que no seu momento
tamen quixo cambiar para mellor a cidade na que vivía. Como di unha cancion de Sixto Rodriguez:
“A xente protesta, pero esquecese de ir a votar. Os políticos estan abusando da xente. A mafia esta
medrando como a contaminacion no rio. E decides que todo esta donde esta”.
Ten que haber un cambio, e Movete e a opción que o pode facer na Estrada. Espero por todo
isto, que todos vos movades o dia das eleccións, para darnos o voso apoio que tanto necesitamos
para facer que A Estrada se mova como merece durante 4 anos. Moitas gracias a todos.
Letra do tema "Móvete", interpretado por Esquíos e composto por Jorge Rodríguez:
A continuación reproducimos parte do que alí se poido escoitar.
| Mar Blanco Casais |
Discurso de Mar Blanco Casais:
Bo día a todxs, como entenderedes quero comenzar agradecendo:
- Agradecendovos a todxs xs que estes hoxe aquí, no teatro principal de A Estrada, acompañando e arroupando á candidatura de móvete- de movemento veciñal estradense.
- Agradecendolle aos medios de comunicación locais que estén tamén con nós para informar ao resto dxs veciñxs de que móvete existe e ven para quedarse.
- Agradecendolle a Pablo Chichas a súa entrañable presentación, e sobre todo que fixera un oco na súa axenda (cousa que non é fácil) para estar aquí estar con nós (con todo o que iso supón).
- Agradecendolle a tódolxs compañeirxs que forman parte de móvete, máis alá de que estén ou non na candidatura, a súa confianza en min ao elexirme para encabezar a candidatura de móvete. O cal, como non podería ser de outro xeito, é unha satisfacción enorme para min!!! Tanto polo proxecto de móvete como por telos a todxs eles de compañeirxs.
- Agradecerlle especialmente a tódolxs compañeirxs que están na candidatura a súa valentía, a súa ilusión, o seu esforzo, o seu traballo e o seu empeño en que móvete sexa xa unha realidade.
Móvete nace froito do descontento da xente do noso Concello coa xestión municipal que uns partidos e outros están a levar a cabo nas últimas décadas e que o único que consiguen é afondar cada vez máis A Estrada no buraco do atraso económico, do abandono do rural, e da falta de oportunidades e servizos en xeral…
Os partidos que gobernaron a Estrada (evidentemente cada un coa sua cuota de responsabilidade) nunca tiveron un plan de desenvolvemento económico para o Concello, se non que todo o contrario, eles mesmos foron permitindo por acción ou omisión que se fose desmantelando o texido empresarial que había. A Estrada década tras década foi perdendo o tren das posibilidades. Senon como se explica que no ano 1960 o noso Concello tivera unha poboación de case 28.000 persoas e dende os anos 90 non paremos de perder poboación sendo actualmente 21.000 escasos??? (incluso no 1900 A Estrada tiña máis habitantes que os que ten agora).
Os Partidos e os seus representantes locais non estiveron a altura das necesidades dos veciños e preferiron apostar pola política amiguista antes que traballar por un concello onde todxs tivéramos posibilidades de traballar e vivir con dignidade.
Digo isto de traballar e vivir con dignidade porque no noso concello atopar un traballo é un milagre, e atopar un traballo que te permita ter un salario digno (para comer, vestir, pagar facturas, vivenda…) e máis milagre todavía. Incluso os que xa teñen unha idade e viven da súa pensión –que maioritariamente son as mínimas- máis lles vale non necesitar dos servizos sociais para os coidados diarios, porque son escasos e non garanten calidade no servizo.
Das persoas sen recursos que están directamente condenadas á caridade será mellor non falar!! Pois non falemos pero recordemos todxs que teñen fame!! Fame, frío, pena e deseseperación… Porque non fai falla mirar para outros países (ainda que tamén temos que mirar e escoitar no que pasa noutros lugares do mundo) para ver como na Estrada hai veciñxs que pasan necesidades.
E que se fixo dende o goberno municipal para rematar e solucionar esta situación, máis alá de continuar cos enchufismo a amigos, recortes en servizos sociais, e derroches en abortos de obras faraónicas??? Nada, non se fixo nada, nin se vai facer… tanto é así que nin pasan o esforzo en inventar mentiras novas, copian directamente as “promesas-mentiras” de hai catro anos e sóltanas de novo a ver se aínda colan…En definitiva, todxs nós somos da Estrada e de unha ou outra maneira sabemos o que hai….
Ante esta situación, que por outro lado non é exclusiva da Estrada, e que nos levou ao descrédito dunha clase política estática e desconectada do pobo, a cidadanía decide que ten a capacidade para gobernarse a sí mesma sen intermediarios que antepoñan o seu interese particular sobre o xeral.
A raíz disto, xurde esta iniciativa plural e de esquerdas que na Estrada ten o nome de móvete-movemento veciñal estradense, impulsada e conformada por persoas que na súa maioría non pertencen a ningunha organización política pero si teñen ideoloxía de esquerdas e si están comprometidas na creación dun proxecto transformador para o noso concello. Esta iniciativa conta co apoio das forzas de AGE con representación municipal, Anova-Irmandade Nacionalista e Esquerda Unida. Polo tanto, debemos decir que móvete consigue aglutinar todo o espazo da esquerda real disposta a traballar dunha maneira decidida e coherente para mellorar a vida da xente do noso Concello.
Móvete e o equipo de persoas que forman a súa candidatura son fundamentalmente persoas novas e preparadas en diferentes ámbitos relacionados coas competencias municipais, porque é fundamental que sexa esta xente xoven, preparada, responsable e con gañas de traballar con ilusión, a que se encarge de abrir este novo camiño que temos por diante para cambiar o curso dos acontecementos. Camiño que sempre irá da man da humildade, a honestidade, a valentía, a responsabilidade e o esforzo.
O noso compromiso cxs veciñxs da Estrada plasmarase nun programa electoral que fixemos coa implicación dos diferentes sectores representativos do concello, e este será a nosa folla de ruta para os vindeiros 4 anos. Vindeiros anos que como explicamos no vídeo estarán marcados polo dinamismo, pola inversión en proxectos sostibles e respetuosos co noso entorno, pola posta en marcha de políticas dirixidas a crear emprego de calidade; por poñer en valor os noso sectores produtivos, o noso potencial humano, a nosa lingua, a nosa cultura, por priorizar as políticas sociais; por unha xestión transparente e eficaz; por un Concello máis democrático, transparente, plural e con máis oportunidades.
En definitiva, presentámonos ás eleccións municipais para construír un Concello ao servizo de todxs e, para iso, utilizaremos a política como a arte de facer posible o necesario.
Pero non queremos esperar a estar no Concello para demostrar que somos diferentes ao resto dos partidos que se presentan as próximas eleccións municipais. É obvio que o somos e como tal queremos demostralo dende xa! Queremos aproveitar estas semanas que restan ata o 24 de maio para que a xente que aínda non nos coñeza sepa que nós somos parte deles, persoas preparadas, con ilusión e con gañas de traballar para o beneficio de todxs.
Por tanto o noso compromiso é exclusivamente cxs veciñxs e a nosa máxima prioridade é o benestar da cidadanía e o interese xeral da mesma, por iso todas as nosas actuacións irán na procura dese obxectivo dun xeito transparente e claro.
Nesta senda, para continuar sendo independentes e non estar atados a intereses empresariais (pois ben sabemos o que iso supón á hora de formar parte da corporación municipal) renunciamos ás aportacións que poidan vir de parte do texido empresarial e o acceso a créditos bancarios como forma de financiamento da campaña electoral.
Só aceptamos aportacións de persoas físicas porque a nosa lealtade está coa cidadanía. De tal xeito que só co esforzo dxs veciñxs poderemos facer unha campaña gañadora e sen deberlle nada a ningunha entidade que poida comprometer a nosa independencia.
Con todo, a nosa campaña será diferente, de feito xa o está sendo, básicamente froito do noso traballo, capacidade e ilusión!! Todo o material de campaña, as ideas, os diseños… son producto do nosa cabeza e das nosas mans, (cando digo nosas non me refiro só a nosas, aos que estamos aquí, tamén a moitos dos que estades aí: especialmente a Esteban que nos axuda con todo o material audiovisual e aos compoñentes de Esquios, creadores do tema móvete, a todos aos que estades emigrados e nos mandades folgos polas redes sociais, pero tamén aos técnicos do teatro que fan que este acto sexa posible).
Un feito que nos diferenza das outras opcións políticas é a maneira de darnos a coñecer- a nosa primeira acción foi por en marcha unha campaña que lle chamamos “móvete pola solidariedade alimentaria” e nela colaboramos todxs. Colaboran tódalas froiterias de A estrada e as tendas do rural poñendo a disposición dos clientes un caixón móvete para depositar alimentos que nós recollemos.
Colabora Cáritas que reparte estes alimentos entre a xente que o precisa. E colaboramos tódolos veciños do Concello depositanto alimentos nos caixóns móvete. Pois esta iniciativa coa que comenzamos a nosa andaina para darnos a coñecer permítenos facelo á vez que axudamos aos demáis!!
Porque aínda que todxs sabemos que a caridade non é a solución –a solución é crear postos de traballo digno para a xente- é prioritario axudar a quen o está a pasar mal e nós non queremos esperar a ter responsabilidades de goberno para mellorar a vida da xente, queremos facelo xa!
E xa podémolo facer con iniciativas como esta, e coma sempre e como todo, coa axuda e implicación dos veciños. Só un dato máis sobre esta iniciativa, puxémola en marcha o 30 de marzo, levamos un mes con ela, e nun mes a xente da estrada donou media tonelada de solidariedade principalmente en forma de froitas e verduras. Grazas a todxs e seguimos recollendo!
É moi importante para móvete- para movemento veciñal estradense darse a coñecer por todo o concello, a xente da Estrada ten que saber que é móvete; Ten que coñecer quen somos xs candidatxs de móvete; ten que coñecer as propostas de móvete, ten que implicarse na campaña de móvete para que sexa a campaña dxs veciñxs e que poida servir para que a partir do 24 de maio poñamos en marcha a construcción dun Concello ao servizo de todxs!!!
Moitas grazas!!!
Discurso de Lorenzo Chedas Redondo:
O tempo remata.
É o momento de botar a andar con esperanza. Con toda a ilusión esnaquizada e que é
preciso recuperar xunto con todos os sonos dos que fomos despoxados. Afortunadamente,
non estamos sos nesta tarefa. A sociedade de hoxe conta con mozos e mozas
preparados, críticos e dispostos a afrontar a deriva actual sen deixarse amedrentar por
todos aqueles expertos en sumir ao noso pobo nesta longa noite de pedra.
Os culpábeis coñecémolos ben pero nunca está de máis facer memoria: é esa dereita
empodrecida e conservadora que leva dende a súa mesma xestación buscando o seu
propio beneficio, enchendo os seus petos a costa de oprimir aos de sempre. Non debemos
esquecer que a élite que nos goberna hoxe, igual de rancia e déspota, son descendentes
directos da estirpe que executou o período máis escuro da historia do noso pobo. E é por
iso que o pasado hai que telo ben presente, xa que a historia sempre se repite.
| Pablo Chichas con parte da candidatura de móvete. |
Nos últimos anos, todos nós asistimos con perplexidade ao definitivo desmantelamento do
estado de benestar. Cando a mal chamada centro- esquerda – e peor aínda auto nomeada
“socialista e obreira”- comezou a interiorizar os vicios e formas propios da dereita, a
esperanza de recuperar a nosa dignidade como sociedade, perdeuse. Peor nos foi cando a
dereita recuperou o poder e os resultados fican ben visibeis ante nós, ainda que o futuro
semella bastante peor.
Somos nós, a mocidade, a que deberemos afrontar as consecuencias de todas e cada
unha das políticas de recortes económicos e de liberdades orquestradas polo Partido
Popular. No eido do ensino, os graves recortes afectan, como non podía ser doutra
maneira, aos fillos dos traballadores. Temos que escoitar día tras día como nos intentan
facer crer que o sistema non é sostible, todo isto mentres nos afogan con máis e máis
impostos para pagar con eles as súas festas e excesos. A educación - e tamén a sanidade
- penden dun fío, iso si: a banca sálvase, pra ela si que hai cartos.
Así, nestes tempos tan poucos proclives pra o optimismo podemos contemplar como a
xeración máis preparada da historia é unha das que vai dispor de menos oportunidades. O
paro xuvenil, que afecta a máis da metade dos mozos e mozas, obríganos a facer as
maletas e a marchar na busca dun traballo onde demostrar todo o aprendido tralo noso
esforzo e o das nosas familias. Se xa nas grandes cidades o panorama é pouco
esperanzador, peor o temos nos pobos e vilas, onde as posibilidades de atopar un traballo
son practicamente nulas. O caso da Estrada non é, dende logo, unha excepción.
Falemos claro: ¿Conta a mocidade para o goberno do Partido Popular da Estrada? Clara e
rotundamente non, do mesmo xeito que non o fai no resto dos feudos onde goberna. A
xuventude sobrevivimos neste pobo non só sen ningún tipo de apoio institucional que nos
axude a labrar un futuro ao carón dos nosos, senón que soportamos a desidia dun goberno
que non se preocupa en aportar propostas de lecer e culturais máis aló de traer á volta
ciclista a España como dubidosa estratexia de promoción ou construír un campo de fútbol
de céspede artificial pra pagarlle os favores a Louzán, fillo predilecto desta vila. Xa saben,
o de sempre: a vella política de inauguracións e foto na prensa cun amplo sorriso cando
as eleccións están a piques de ter lugar. As preocupacións, os problemas e as verdadeiras
necesidades dos estradenses poden esperar.
Ante esta realidade, cabe preguntarse que fixo o Partido Popular da Estrada en prol da
mocidade nestes últimos catro anos. Digo máis: que fixo este goberno nestes catro anos?
Por todo isto, dende Móvete queremos que a mocidade, como compoñente crucial da
sociedade, conte. Para nós, a xuventude é un pilar fundamental, en tanto que o mañá está
nas nosas mans. Loitemos para que A Estrada sexa un pobo con futuro e fagámolo
sempre seguindo o camiño da esquerda que é polo que se conquistan as liberdades e os
dereitos. Naveguemos sempre tendo en conta estes principios, ou nos afundiremos sen
eles.
O tempo remata para algúns pero comeza para nós. Fagamos que A Estrada conte.
Discurso de Adán Fernández:
Bos dias a todos. Para os que non me coñezan presentome: Son Adán Fernández Guerra,
teño 27 anos, son estradense, traballo de enfermeiro no SERGAS desde o ano 2008, e formo parte
da candidatura de movete para gañar as eleccións municipais da Estrada.
Se estou hoxe aqui, e nin máis nin menos, que por culpa da clase politica deste país e da
precaria situacion económica e social a que estes nos levaron. Porque desde logo, eu non tiven nada
que ver nin ca burbulla inmobiliaria, nin co desmantelamento do estado de benestar, nin ca débeda
do estado.
Ninguén dos que estamos aqui somos culpables diso Pero iso non quere dicir que non
teñamos a responsabilidade de mellorar esa situacion. Ningún dos culpables o vai facer por nós.
Nos somos os que estamos obrigados a revertir esa situación. E se hai algun xeito de que unha
persoa da rua poida mellorar esta situación na vila onde vive, e desde dentro do concello. E e
evidente que non podemos confiar nos políticos de sempre, porque o resultado sería o mesmo de
todalas eleccións. Tanto uns coma outros gobernan en favor de empresas, amigos e baixo a mirada
das direccións dos seus partidos políticos.
Por esta razón, cando me propuxeron formar parte de Movete, non dubidei en entrar no
proxecto. Non estou atado a ningun partido político. Non estou obrigado a dicir unha soa palabra
que non pense. Ninguén me intenta pechar a boca para que non exprese as miñas ideas.
Absolutamente en todas as reunións nas que estiven, todos os membros de Movete falaron por
igual.
Todos os membros aportamos a nosa pequena parte de conecemento e ideas para darlle a
Estrada as melloras que necesita. E todos estamos comprometidos cos principios de transparencia e
anticaciquismo que tanto perxudican os cidadáns máis humildes. Estas características son as dun
movemento veciñal, plural e aberto a todos os veciños da Estrada. Movemento que ten a intención
de mellorar o concello, desde o rural ata o casco urbano, para todos os cidadáns, e todos podedes
formar parte.
Abonda xa de campos de fútbol, abonda xa de prazas de abastos, abonda xa de ladrillo que
non vai ser usado. E hora de construir un concello basado na xente, nos seus veciños, e non en
edificios baleiros. A Estrada necesita moverse.
A Estrada necesita que a xente desfrute das oportunidades que ofrece. Desde o Concello
moveremos A Estrada para os nenos, a xuventude, pais, os nosos maiores... para todos. Desde o
concello protexeremos as persoas e non as grandes empresas.
Para finalizar a miña breve intervención, vou a citar a un cantautor que no seu momento
tamen quixo cambiar para mellor a cidade na que vivía. Como di unha cancion de Sixto Rodriguez:
“A xente protesta, pero esquecese de ir a votar. Os políticos estan abusando da xente. A mafia esta
medrando como a contaminacion no rio. E decides que todo esta donde esta”.
Ten que haber un cambio, e Movete e a opción que o pode facer na Estrada. Espero por todo
isto, que todos vos movades o dia das eleccións, para darnos o voso apoio que tanto necesitamos
para facer que A Estrada se mova como merece durante 4 anos. Moitas gracias a todos.
Letra do tema "Móvete", interpretado por Esquíos e composto por Jorge Rodríguez:
| Esquíos nun momento da súa actuación. |
Dignidade é unha verba doada de pronunciar
Darlle o seu sentido é o que temos que acadar
Igualdade e respecto non se quedan atrás
O progreso consiste en sabelas conxugar
Importan as persoas, non importa o capital,
Importan as ideas e a vontade de actuar
Unidos coma pobo cun obxectivo final:
Loitar por un concello ao servizo dos cidadáns
Se a vida é movemento e queremos progresar
Móvete, móvete!! Non deixes de avanzar!
Se non estas contento coa situación actual,
Móvete, móvete!! Podémola cambiar!!
O tamaño do adversario non nos vai amedrentar
A valía non se mide polo talle corporal
A política amiguista ten que rematar
A Estrada precisa altura ética e moral
Un pobo que se move, poderá demostrar
Que a soberanía sempre estivo na súa man
Que nada se pode contra o poder popular
Que se nos movemos non nos poderan parar
Se a vida é movemento e queremos progresar
Móvete, móvete!! Non deixes de avanzar!
Se non estas contento coa situación actual,
Móvete, móvete!! Podémola cambiar!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)