Coa intención de continuar movéndonos e de mellorar, trasladamos a nosa web a:
https://moveteae.wordpress.com/ , co cal está deixará de actualizarse.
Desculpade as molestias!
mércores, 22 de febreiro de 2017
venres, 15 de xaneiro de 2016
Móvete recibe este sábado na Estrada ás iniciativas municipalistas de toda Galicia
Móvete –movemento veciñal estradense- recibe
na Estrada ás iniciativas municipalistas de toda Galicia nunha xornada de
traballo adicada a planificar a folla de ruta de cara as eleccións galegas.
Este sábado 16 autoconvócanse na
Estrada as diferentes iniciativas municipalistas galegas de unidade popular,
para unha reunión de traballo colectivo coa finalidade de cimentar e determinar
os eixos básicos e o camiño que debe transitar o proceso de acumulación de
forzas, de cara a acadar un goberno ao
servizo do pobo galego na Xunta de Galicia. Para este obxectivo, as iniciativas
municipalistas queremos seguir participando
activamente na construción da confluencia e do liderado cidadán.
Como ben sabedes,
nas pasadas eleccións municipais de maio, ante a grave
situación económica e política que padecemos, xurdiron en todo o país
diferentes procesos de confluencia e unidade popular cun obxectivo: facilitar a máxima participación da
cidadanía na política municipal e devolverlle as institucións á xente. É
dicir, acadar máis e mellor democracia e
colocar de novo as persoas no centro da acción política. Da intención pasamos á práctica e
algúns destes movementos constituíronse en alternativas reais de goberno das
nosas vilas e cidades, acadando as principais alcaldías da provincia da Coruña.
Pero foron moitas máis as que, co seu traballo e implicación, recolleron a
ilusión dunha gran parte da cidadanía nun novo xeito de facer política e
acadaron tamén un importante impacto electoral.
Nas eleccións estatais de decembro, a coalición En Marea,
recollendo aquel impulso inicial de maio encarnado na figura dos alcaldes rebeldes e coa colaboración da inmensa maioría das
candidaturas municipalistas, obtivo un resultado histórico que fixo tremer
o bipartidismo. Mais non é abondo: a suma dos partidos do réxime aínda é maior
e temos que seguir a traballar para
multiplicar o peso das forzas do cambio político. Neste senso, é imprescindible continuar coa implicación nos
procesos municipalistas para fomentar o necesario liderado cidadán. Esta implicación colectiva é imprescindíble para
espertar a ilusión e inundar o Parlamento do Hórreo de persoas que
respondan ao mandato da xente. É un
orgullo para Móvete, que A Estrada vaia ser durante este sábado o
epicentro do cambio político en Galicia que xa está en marcha, e do que todos
debemos participar. Toca mollarse, toca recuperar Galicia para a cidadanía.
A Estrada, 15 de xaneiro de 2016
martes, 12 de maio de 2015
Actualización dos actos de campaña de Móvete-Movemento Veciñal Estradense:
·
Xoves
día 14:
o
Encontro veciñal na escola unitaria de Santo André ás 21:00h. Estarán cos veciños
representantes da candidatura de móvete.
·
Venres
día 15:
o
Encontro de móvete con actores implicados no Turismo Rural no noso Concello. Será ás
19:00h na casa de Turismo Rural Val Fresco de Curantes. Contaremos coa participación de Yolanda Díaz, vicevoceira
de AGE no Parlamento Galego.
o
Encontro veciñal na escola unitaria de Callobre ás 21:00h. Estarán cos veciños
representantes da candidatura de móvete e a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz.
·
Domingo
día 17:
o
Concerto
de Rock en Galego para conmemorar o día
das Letras Galegas. A partir das 19:30h na Praza da Feira (Carpa da pulpería
Porta). Actuarán: Esquíos (presentación do seu novo disco “A Diana Somos
Todxs”) e Seve.
·
Luns
día 18:
o
Encontro veciñal na escola unitaria de Vinseiro ás 21:00h. Estarán cos veciños
representantes da candidatura de móvete.
·
Martes
día 19:
o
Encontro veciñal na escola unitaria da Somoza ás 21:00h. Estarán cos veciños
representantes da candidatura de móvete.
·
Mércores
día 20:
o
Encontro
aberto co deputado de AGE, Antón Sanchez para falar das Enerxias Renovables e como se
poden impulsar dende a Administración Municipal. Será no local de móvete ás
12:00h.
o
Encontro veciñal no pavillón polideportivo de Codeseda, ás 21:00h. Estarán cos veciños
representantes da candidatura de móvete.
· Xoves día 21:
o Encontro veciñal no local social de Ouzande ás 21:30h. Estarán cos veciños representantes da candidatura de móvete.
· Venres día 22:
o
Acto de peche de campaña o venres 22 de maio no Teatro
Principal de A Estrada ás 21;00h. Intervirán representantes da
candidatura de móvete.
· Xoves día 21:
o Encontro veciñal no local social de Ouzande ás 21:30h. Estarán cos veciños representantes da candidatura de móvete.
· Venres día 22:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

