venres, 30 de decembro de 2016

Resposta de Móvete ós comentarios do alcalde sobre a nosa primeira valoración dos orzamentos

A función da oposición é fiscalizar a xestión do goberno. Eso non é nin vella, nin nova política. Desde Móvete consideramos que este é o noso labor, e seguiremos a facelo.

No primeiro informe de Móvete sobre o balance da execución dos orzamentos do concello, puxemos o acento no gasto desmesurado en comidas, na celebración do partido de fútbol da selección española e no excesivo custe de algunhas obras e servizos. Nas vindeiras semanas seguiremos analizando polo miúdo outras partidas orzamentarias e faremos propostas para que nos orzamentos do 2017 se recorte neste tipo de gastos e se incrementen outras partidas que consideramos prioritarias.

Os datos dos gastos que fixemos públicos son os que Móvete entende que se poden reducir e incluir noutras partidas que consideramos prioritarias, como son servizos sociais e políticas que incentiven a creación de emprego. Sen dúbida, hai moitos outros gastos que Móvete suprimiría e adicaría a outras partidas. A xestión do actual Goberno responde a unhas siglas a nivel nacional que representan políticas de dereitas, e nós defendemos que a xestión pública debe estar orientada á cidadanía, a incrementar o benestar social.
Na rolda de prensa na que fixemos público o despilfarro na xestión e as promesas incumplidas, tan só indicamos a nosa opinión respecto a estes gastos que consideramos superfluos, e en ningún momento entramos a calificar de xeito despectivo ao PP. A única intención de Móvete con esta información é aportar transparencia sobre como se distribúe o orzamento municipal. Cabe lembrar que, en primavera, a corporación municipal acordou, a instacia de Móvete, a creación dun Portal da Transparencia, aínda pendente de execución.

En vista do comentado polo Alcalde a respecto dos datos aportados por Móvete, queremos recalcar unha cuestión de sentido común: o sector da sidra, a Rapa das Bestas, xs gandeirxs, xs maiores, a promoción cultural do Concello non se apoia con comidas. Foméntase, coidase, revitalízase con políticas adecuadas que van máis alá. A Estrada necesita políticas sociais, económicas e culturais, e non tapar o oco cun banquete ao ano por sector.

Por último, queremos puntualizar unha serie de datos que exemplifican de xeito obxetivo o gasto desmesurado do Goberno e que o Alcalde tratou de maquillar:

1. A comida oficial do salmón custou 3.203€ (en principio estaba prevista para 50 persoas, pero se finalmente foron 30 peor no lo pon porque igualmente se pagou esa cantidade, que supón case 107€ por comensal). A maiores, houbo outra comida con motivo da festa do salmón que custou 1.500€, supostamente para promocionar o salmón, pero non sabemos entre quen.
Que haxa facturas de comidas pagadas con cartos públicos por importe de: 3.310,56 €; 1.850,00 € e así ata pasar dos 25.000€, parécenos un gasto desmesurado. O alcalde xustifica que a factura de 1.600€ responde ao aloxamento dos sidreiros que participaron na Festa da Sidra. Entón, como se xustifica a outra factura que leva como concepto “aloxamento” cun importe de 1.095,30€?

2. Xustificar o gasto de 8.500€ nun partido da selección española é unha irresponsabilidade cxs veciñxs en xeral e co deporte local en particular.

3. Non recoñecer o pago fraccionado a favor da empresa Wecom por un total de 15.000€ é negarse a cumplir a legalidade.

4. Das promesas incumplidas, dos spots promocionais en Nos Tv e en Libertad Dixital, dos 11.000€ gastados só na decoración e organización da festa do salmón e dos 173.000€ gastados no vestuario do Callobre, parece que prefire non decir nada.
Como dixen. estes datos aportados por Móvete son exemplificativos da xestión do goberno.

O propósito de Móvete para o vindeiro ano é, como tamen o foi no 2016, estar ao lado do grupo de Goberno para traballar de xeito conxunto e con responsabilidade na implementación de políticas que redunden na mellora de calidade de vida: políticas de creación de emprego, incremento atención social, desenvolmento sostible. Pero para iso, o goberno ten que empezar por cumplir a normativa e evitar despilfarros dos cartos públicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario