O inicio da Campaña nesta primeira semana de abril, que coincideu
coas datas festivas da Semana Sant, non foi impedimento para que
dende Móvete recolléramos 150kgs entre froitas e verduras. A
solidariedade dxs veciñxs da Estrada deixouse ver nestes primeiros
días da campaña “Móvete pola Solidariedade Alimentaria”
organizada por Móvete en beneficio da xente que o precisa e coa
colaboración de Cáritas e das froiterias estradenses.
Animadxs polo bo ritmo que leva a mesma, inclúense dentro desta iniciativa
diversas tendas do rural estradense: Virxinia Couto de Moreira;
Supermercado Claudio do Sol; Tenda de Alimentación Regengo de
Codeseda; Comercial Otero de Orazo; Super Vea; E Casa Porto de
Ouzande. Dende Móvete recordamos a este tipo de establecementos
do rural que queiran colaborar nesta Campaña a través do Caixón
Móvete que poden contactar con nós a través do correo
electrónico movetepolaestrada@gmail.com
Dende Móvete sentímonos moi satisfeitos con esta Campaña, xa que somos moi conscientes de que no noso Concello hai veciñxs que están
pasando por unha situación económica realmente dura e nós –xs
veciñxs- non debemos mirar para outro lado, temos que axudar a
contribuir a crear unha conciencia solidaria para axudarnos entre
nós. Móvete como organización Política con vontade de
gobernar na Estrada a partir dos próximos comicios electorais
non considera que a caridade sexa a solución aos problemas dxs
veciñxs, o que realmente necesita a xente é traballo digno e nese
obxetivo traballaremos os vindeiros 4 anos. Pero isto non
é incompatible, se non que é complementario, ca axuda
inmediata a quen está atrevesando por unha situación complicada,
por desgraza temos que esperar ata gañar as eleccións para executar
as nosas propostas electorais encamiñadas á creación de emprego
digno. Sen embargo, non queremos esperar ata finais de maio
para comenzar a traballar pola Estrada e unha maneira de facelo é
contribuindo a axudar a quen peor o está pasando.
Dende Móvete puxémonos en contacto tamén coa Cruz Vermella
para buscar a maneira de colaborar con esta ONG en beneficio das
persoas que eles atenden na Estrada.
Recordamos cales son as froiterias da vila nas que podes facer a túa
compra solidaria:
A horta de Vea; Froitas Sandra; Castelao; Froitas Mucha;
Froitas Tucho; Froitas Lucita; Amifrut.
Ligazón desta nova na prensa local: Faro de Vigo
Ningún comentario:
Publicar un comentario