A Asamblea de Móvete (Movemento Veciñal Estradense) celebrada na
noite de onte (mércores, 11 de marzo de 2015) elixiu por consenso a
Mar Blanco Casais para encabezar a súa candidatura.
Mar Blanco Casais naceu na vila da Estrada no ano 1975 e residiu
sempre na mesma. A inquedanza pola inxustiza social fixo que dende moi nova estivera interesada en colaborar e participar das
reivindicacións a prol da soberanía popular e da construcción
dunha sociedade máis igualitaria, máis libre, máis xusta e máis
solidaria. Esta inquedanza levouna a incorporarse como militante no Bloque Nacionalista Galego. No ano 2012 os problemas
internos do partido levaron a que un grupo de militantes, con
Xosé Manuel Beiras á cabeza, decidisen que unha nova forma de facer
política era necesaria para Galicia, polo que crearon o partido
Anova-IN. Mar Blanco participou dende o primeiro momento neste novo
proxecto político e tanto na Asamblea Constituinte de xullo de 2012, coma nas
seguintes dúas Asambleas Nacionais –ano 2012 e 2013-, foi
escollida para formar parte dos órganos de dirección, da
Coordinadora Nacional e da Comisión Permanente,
desempeñando o cargo de responsable nacional de língua. Foi despois
das eleccións europeas cando a Asamblea de Anova A Estrada
decidiu como prioritario centrarse na organización da formación a
nivel local e nomeou a Mar como portavoz local da formación.
Desde o pasado verán a portavoz de Anova A Estrada leva traballando
da mán da súa Asamblea para abrir a formación á cidadanía de
cara a chegar ao escenario electoral das Municipais cun movemento
amplo e plural onde os protagonistas sexan xs veciñxs da Estrada
máis alá de siglas políticas. Foi neste contexto onde xurdeu
Móvete, presentado en sociedade o pasado 28 de febreiro, para
camiñar cara un Concello máis democrático, transparente, plural e
con máis oportunidades.
Académicamente, as gañas de profundizar no coñecemento da teoría e
práctica política, dos sistemas e comportamentos políticos
levárona a estudar a licenciatura de Ciencias Políticas e da
Administración Pública (USC). Posteriormente, o feito de ver a necesidade de poñer en contacto directo a cidadanía co poder
político para satisfacer os intereses públicos, fixo que elixira a
Administración Pública como área de investigación,
cursando a maiores o máster de Xestión Pública (USC), que a levou a traballar na OEI (Organización de Estados
Iberoamericanos) e no Departamento de Ciencia Polítia da Facultade
de CCs. Políticas e Sociais (USC).
Ningún comentario:
Publicar un comentario